O Concello de Marín deturpa na súa web topónimos e apelidos galegos

San Pedro de La Rasca en troca de San Pedro da Raña ou Gago por Tartamudo son algúns dos termos que o Concello de Marís publica de maneira desnaturalizada no seu portal web. O grupo municipal do Bloque denuncia as "vulneracións da Lei de normalización lingüística" con "aberracións", din, incomprensíbeis para a maioría.

Astutas ou Cruz del Manzano en troca de Raposeiras ou Cruz de Maceira. Así recolle na súa páxina web os topónimos das aldeas e parroquias o Concello de Marín cando @s utentes premen a opción de castelán. A desnaturalización dos nomes propios foi denunciada polo grupo municipal do BNG quen asegura que o acontecido "infrinxe de maneira ostentosa a Lei de Normalización lingüística".

Neste senso, Pilar Blanco, portavoz municipal d@s nacionalistas asegurou que os erros se debían "ao uso dun tradutor" porén, criticou que a equipa municipal non "se molestou en revisar o contido para comprobar os erros". Blanco criticou que após denunciaren hai uns meses "a presenza de na páxina oficial do Concello de franquistas" como fillos predilectos de Marín, agora o Concello recolle no seu sitio web oficial topónimos e nomes propios deturpados que son "intolerábeis e até incomprensíbeis para a maioría".

Segundo @s nacionalistas o acontecido reflicte "o desleixo do goberno local" quer pola lingua, quer polas persoas representativas do Concello cuxos apelidos tamén foron obxecto de deturpación. Polo que exixen sexan mudadas á súa fórmula orixinal e etimoloxicamente correcta.

Comentarios