O Hóckey Club da Coruña vai a pola Champions League
O Deportivo baixa o pano da tempada do ascenso
O voto por correo para as eleccións europeas poderá depositarse até o 6 de xuño
O CSD intervén a RFEF, pero non inhabilita o imputado Pedro Rocha
O SNP racha a coalición de Goberno cos Verdes en Escocia e enfrontará unha moción de censura dos conservadores
“Creo que ao pobo escocés lle convén buscar un acordo diferente”, sostivo a quinta feira o primeiro ministro e líder do Partido Nacional Escocés (SNP), Humza Yousaf, ao facer pública a ruptura cos Verdes, formación coa que os soberanistas gobernan desde 2021, após unha semana de choques pola súa decisión de abandonar o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro até 75% a finais da década.
Mentres os Verdes criticaban a súa “covardía política” e que venda “as xeracións futuras”, o Partido Conservador presentou unha moción de censura contra o novo Executivo en minoría do SNP e o Partido Laborista insistiu en que se deben convocar eleccións anticipadas como saída a crise do Goberno escocés.
Jessica Bouzas, eliminada na segunda rolda do Madrid Open
Acabou o soño da tenista galega Jessica Bouzas no Mutua Madrid Open, o primeiro torneo da categoría WTA 1000 que disputou na súa carreira. Logo de eliminar na primeira rolda a toda unha ex número 2 do mundo como Paula Badosa, a de Vilagarcía de Arousa non tivo opcións sobre a terra batida da Caixa Máxica fronte Jelena Ostapenko, que actualmente ocupa a posición número 10 no ránking da WTA. A letoa impúxose por un contundente 6-3/6-1, a pesar dun interesante comezo de Bouzas que a piques estivo de subir ao electrónico o 3-1 no primeiro set, máis Ostapenko logrou facer boa a súa maior experiencia ante unha galega que está un pouco máis cerca dos Xogos Olímpicos.
Caetano Horta, á 'repesca' no Europeo de Remo
Falece un motorista tras chocar contra un coche en Gondomar
O condutor dunha motocicleta perdeu a vida na madrugada desta quinta feira tras chocar contra un coche na localidade de Gondomar (comarca de Vigo). Segundo informa o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 00.10 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, asegurando que un home estaba tirado na estrada, aparentemente inconsciente, despois de producirse un accidente no punto quilométrico 18 da PO-340. Até alí desprazáronse os servizos de urxencias do 061. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home. A Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía tamén participaron no operativo.
Rebelo de Sousa admite que Portugal debe "pagar os custos" da escravitude e a colonización
O fútbol une forzas para frear o odio en Nigrán
"Quero falarvos desde o corazón, porque cada unha e cada un de vós tedes un grandísimo poder, o poder de cambiar as cousas e acabar cos discursos de odio. Tanto na vida como no deporte, máis alá dos goles, os logros e os trofeos, están as aprendizaxes, a amizade e o respecto". As verbas sobre estas liñas pertencen a Brais Méndez, ex futbolista internacional do Celta, actualmente na Real Sociedade, e cara visíbel da campaña 'Stop Odio' da ONG Igaxes e o Concello de Nigrán, coa que pretenden "promover valores de respecto e igualdade" ao mesmo tempo que se logra "que ningún neno, nena ou persoa moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social". Para logralo, o centrocampista de 27 anos participará en palestras xunto con persoeiros da cultura e o deporte, organizaranse obradoiros de sensibilización contra o odio en escolas e clubs deportivos, así como un torneo de fútbol praia en Nigrán dirixido a adolescentes de entre 12 e 16 anos os días 15 e 16 de xuño.
Un incendio comezado pola noite queima xa máis de 20 hectáreas na Caniza
O festival BDra reivindica a banda deseñada, unha arte na que Pontevedra "é potencia"
San Sadurniño decide a fase de ascenso á Superliga Masculina 2 de voleibol
Morre Maite Méndez, lenda do baloncesto pontevedrés
O baloncesto galego está de loito logo do falecemento de Maite Méndez, adestradora do Arxil, segundo informou esta terza feira o club do que foi cofundadora e ao que dirixiu ao longo das últimas 24 tempadas. A morte sorprendeu a preparadora apenas unhas horas despois de dirixir unha sesión de adestramento dun Arxil que conta os días para a súa estrea na fase de ascenso a Liga Challenge, que terá lugar ás 18.15 horas de mañá en Zaragoza ante Mipelletymas BF León. O deceso consternou o mundo do baloncesto galego, que foi profuso en condolencias. Pola súa parte, a Federación anunciou que se gardará un minuto de silencio antes de todos os partidos desta semana.
A Subida a Taboada abre o Galego de Montaña
O Campionato Galego de Montaña 2024 terá como punto de partida a décimo primeira edición da Subida a Taboada, que se desenvolverá ao longo da presente fin de semana, concretamente do sábado, 28 de abril, a domingo día 29. A proba, que regresou o pasado ano 2023 logo de 17 anos de ausencia grazas ao traballo da Escudería Taboada -coa colaboración da vicepresidencia da Deputación de Lugo- manterá o seu trazado habitual, situado nun treito da estrada LU-611 entre Rubián (Bóveda) e a localidade chantadina de Taboada. Nesta ocasión o certame será puntuábel, ademais de para o ránking de Montaña nas súas distintas clases (1, 2, 3, 4, 5A, 5B, 5C e 6), para a denominada 'Copa Antoxo', destinada a vehículos de cilindrada inferior a 1.600 centímetros cúbicos con motor atmosférico, tracción dianteira e caixa de cambios en 'H'. Durante a presentación desta Subida a Taboada, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, ratificou na súa intervención a "colaboración" do departamento de Deportes da institución provincial co mundo do motor, salientando a súa intención de "consolidar" o evento como "un referente desta modalidade deportiva que facilita ao público seguir os rallys e xera actividade económica na vila".
Pablo Isla, ex presidente de Inditex, elixido novo vicepresidente de Nestlé
Estabilizados os incendios forestais de Barreiros e de Rois, que queiman xa case 120 hectáreas entre ambos os dous
A Consellaría do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado en Rois (O Sar) foi estabilizado pasadas as 5.00 horas desta terza feira, afectando xa unhas 100 hectáreas. Tamén foi controlado o fogo de Barreiros (A Mariña), que queima unhas 17 hectáreas. En Rois, o incendio comezou minutos antes das 18horas da segunda feira e para a súa extinción mobilizáronse até o momento tres técnicos, 29 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros. En concreto, está a afectar á parroquia de Leroño.
Un incendio activo en Rois xa queimou 50 hectáreas
Un incendio forestal activo en Rois (O Sar) queimou até o momento 50 hectáreas. O lume comezou ás 17.55 horas na parroquia de Herbogo e a intensidade do fume fixo que se puidese observar desde a costa en municipios como Noia (comarca homónima). O vento tamén reactivou o incendio forestal que a pasada sexta feira calcinou máis de tres hectáreas na localidade de Barreiros (A Mariña).