Rebelo de Sousa admite que Portugal debe "pagar os custos" da escravitude e a colonización

Portugal “asume toda a responsabilidade” polo seu papel no tráfico de persoas escravas e os crimes dos países que colonizou, e “temos que pagar os custos”. “Hai accións que non foron castigadas e os responsábeis non foron arrestados? Hai bens que foron saqueados e non devoltos? Vexamos como podemos reparar isto”, salientou o presidente portugués, Marcelo Rebelo de Sousa, en declaracións recollidas a cuarta feira pola axencia Reuters.
O líder luso, Marcelo Rebelo de Sousa (dereita), a terza feira. (Foto: Rui Ochoa / Presidência da República de Portugal)
photo_camera O líder luso, Marcelo Rebelo de Sousa (dereita), a terza feira. (Foto: Rui Ochoa / Presidência da República de Portugal)
Comentarios