As vítimas do Alvia focalizan a responsabilidade de Pastor en que, sendo ministra de Fomento, "se desconectou o sistema de seguridade ERTMS" e que se fixo sen previamente ter feito unha "avaliación do risco".
O ERTMS tería evitado que o fallo humano do maquinista resultase nunha traxedia.
A plataforma, nun comunicado enviado aos medios esta segunda feira, apón a Pastor que obstaculizase a realización dunha investigación independente.
O outro político que se ten visto salpicado pola catástrofe, tamén polas súas responsabilidades como ministro de Fomento, é José Blanco, purgado por Sánchez na lista do PSOE á Eurocámara.