Novo vídeo do trío hip hop

SonDaRúa: ritmos urbanos e lírica política para o verán

Salsa Galaica é o novo clip do trío hip hop SonDaRúa. Aparece en agosto e opta a canción do verán coa súa mestura explosiva de ritmos urbanos e lírica política. Produce That Bass e o vídeo corre a cargo de Pixelecer.
son da rúa
photo_camera Cabeceira do novo clip de SonDaRúa. Imaxe: cedida.

“Da Ghaliza, analiza / non somos a Mia Khalifa / Pero escuitan temiñas dos nosos / e a moitos a man se lles vicia / A peña se desorghaniza, / non queren saber dos antifas / Ata que teñan detrás un nazi de merda / buscando paliza”, canta a banda de Ponteareas entre sons latinos e rap festeiro.

Despois de Voz da resistencia, o single co que abriron o ano, o trío regresa á escena con Salsa Galaica.

Comentarios