Povisa, en preconcurso de acredores

O maior hospital privado do Estaco, cun plantel de 1.400 traballadores e traballadoras, achaca ao 'deficitario' convenio co Sergas a situación. O persoal teme un ERE e considera que a dieección do hospital tenta forzar unha mellora do convenio.

povisa

Preocupación e incertidume. Os 1.400 traballadores e traballadoras de Povisa e as case 140.000 persoas que teñen este centro como hospital de referencia coñeceron esta sexta feira que o principal hospital privado de Galiza e do Estado español pedira o preconcurso de acredores. “Víase vir”, comentan desde o comité de empresa, onde se sospeitaba de dificultades económicas.


 

A dirección da empresa achaca a situación ás perdas acumuladas, que cifran en 42 millóns de euros, por un convenio co Sergas lesivo para os seus intereses. Este concerto, asinado en 2014, tradúcese nun pagamento fixo por paciente de 540 euros anuais. O Sergas nega que se lle poida imputar ao convenio a situación económica do hospital.


 

O persoal ten garantido cobrar a nómina de setembro mais a incertidume paira sobre os seguintes meses. Povisa ten agora tres meses para negociar as débedas cos acredores antes de ir a un concurso.

Comentarios