A Generalitat de Catalunya vai propor ao Goberno español restabelecer o dereito de manifestación de maneira que, mentres dure o risco da pandemia, se permitan protestas baixo uns criterios de seguridade sanitaria. Así, segundo a fórmula do Govern catalá, as e os manifestantes gardarían entre si dous metros de distancia e os protestos realizaríanse en rúas de, canda menos, 20 metros de ancho.
O uso de máscaras sería obrigatorio e garantiríase ademais a hixiene das mans con xel hidroalcólico.
As manifestacións pasarían a ser máis ben concentracións, xa que a proposta catalá defende que non haxa movemento do bloque humano. Tampouco se levarían pancartas, para evitar partillar material. Si se poderían portar faixas individuais.