AXENDA

Ideas e propostas para unha fin de semana máis alá da praia

arlequina

Maio, mes da lingua

Pontevedra

Pazo de Mugartegui, Praza da Pedreira

30.5.2019

20.30h

Recital «Intempériome», de Xela Arias, no que participan as escritoras Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e Susana Trigo.

Entre Margens. Encontro de Tocadores

Caminha/A Guarda

30.5-2.6.2019

A música tradicional e da dança ardem neste V Encontro de Tocadores, este ano nas duas margens do rio Minho, com os concertos de Carlos Batista, Segue-me à Capela; Obal, Roncos do Diab, e muitas mais novidades.

Festas da Ascensión

Compostela

Praza da Quintana

31.5.2019

21.00h

Susana Seivane actuará acompañada por Baiuca Live Band, o novo proxecto musical de Alejandro Guillán, que xunta os sons tradicionais galegos coa música electrónica.

Con herbiñas de namorar

Allariz

Fundación Vicente Risco

1.6.2019

21.00h

Concerto do grupo musical Trovare cun repertorio que vaia desde a música de raíz galega, cantigas propias até as músicas doutros lugares do mundo traducidas ao galego.

Os monicreques de kukas

A Coruña

Fórum Metropolitano

1.6.2019

18.30h

Arlequina é unha peza de teatro de gran formato, con marionetas, maxia, música en directo xunto cunha grande historia destinada ao público infantil.

Andaina Mulleres polo Patrimonio

Parada de Sil

Barxacova

2.6.2019

9.30h

A Rede do Patrimonio Cultural e O Sorriso de Daniel organizan unha ruta de sendeirismo polas pasarelas do río Mao. É a andaina Mulleres ao Monte, Mulleres polo Patrimonio, que partirá ás 9.30h de Barxacova, en Parada de Sil. Ademais, contarán con xantar informal no que cadaquén levará os alimentos que poida e seguramente xurdirán debates, contos e cantos. Será o día 2 de xuño e as inscricións deben facerse a través do enderezo electrónico [email protected].

XIII Feira das Carrilleiras de Lamas

San Sadurniño

Local Social de Lamas

2.6.2019

10.00h

A Asociación Xuntanza de Lamas organiza mais un ano a súa xa tradicional Feira das Carrilleiras no Local Social de Lamas, o domingo 2 de xuño, para degustar este prato  principal a prezos populares. Ademais, a xornada irá acompañada dunha ampla mostra de artesanía e de produtos da terra e tamén contarán con música ao vivo e unha exposición de vehículos clásicos.

XXXVIII Día da Muiñeira de Nemeth

Carballo

Praza do Concello

2.6.2019

17.00h

A asociación cultural Nemeth será a encargada de dar a benvida ao mes de xuño coa XXXVIII Día da Muiñeira na que contarán coas actuacións de De Ninghures e Irma Macías.

Homenaxe a Xabier P. Docampo

Compostela

Biblioteca Ánxel Casal

4.6.2019

17.00h

“O mestre das viaxes imaxinarias” é a homenaxe que se vai render ao mestre e escritor Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018) a partir das 17.00h, terza feira 4 de xuño, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela. No acto, as diferentes representantes das entidades que colaboran poranlle voz á palabra do autor coa lectura dos seus textos e, ás 19.00h, contarán cunha charla da crítica e máxima coñecedora da súa obra María Jesús Fernández, titulada “Xabier P. Docampo, o escritor”. Para pechar a xornada, Gálix entregará a figura conmemorativa da homenaxe como Socio de Honra 2018, que se lle ía realizar en vida.

Sete Falares

Pontevedra

Diversos espazos

6-9.6.2019

O Encontro Internacional de Contadores de Historias inclúe narradoras procedentes de Ecuador, Brasil, Colombia e Galiza para catro intensos días coa oralidade e a forza da palabra como protagonistas.

Comentarios