En plena vaga de incendios forestais e entre fortes críticas de diversas organización ás deficiencias dos plans e recursos de prevención e extinción, o aparato de comunicación institucional teima en recorrer á imaxe do exército español como activo central na loita contra o lume, suxerindo unha sensación de axuda desinteresada, baseada no carácter público da institución militar.
Porén, esa imaxe é incompleta. Malia que é case norma que desde o goberno galego se fale da “colaboración” militar na vixilancia e no control dos incendios, mesmo con palabras de agradecemento, a realidade desde hai anos é que os medios que habilita o Ministerio de Defensa para esta función só traballan en Galiza porque se asina cada ano un convenio polo cal a Xunta ten que pagar importantes cantidades ao Goberno central, que non baixan do millón de euros e mesmo poden superalos con amplitude, dependendo dos riscos da tempada.
Toda a información, no Sermos Galiza número 63