Imprimir

5 cociñeiras e cociñeiros galegos na cima da gastronomía

Nós Diario | 13 de febreiro de 2020

5 cociñeiros galegos na cúspide da gastronomía
5 cociñeiros galegos na cúspide da gastronomía
A gastronomía galega está de moda, se queres coñecer as responsábeis, aquí deixamos cinco cociñeiras e cociñeiros de renome 

Gastronomía con sabor galego e en maiúsculas: a tradición culinaria destas terras namora polo padal a todo aquel que a proba. 

Moitos son os encantos polos que Galiza sorprende, un deles, a súa rica gastronomía, froito de anos de tradición e, como non, como resultado dun comensal fiel que sempre busca o mellor...

Xuntáronse a fame coas gañas de xantar

É indubidábel que a cociña galega é unha das máis importantes de Europa grazas a un produto de calidade variado e sempre xenerosa en cantidade, calidade e sabor. Todo o que visita esta Terra sabe que vai comer ben, aquí non hai risco, nin marxe de erro. 

O peso da tradición sempre está presente, mais a cociña de autor e a innovación entre fogóns enriquecen aínda máis a cociña galega.

Se queres coñecer quen son as e os responsabeis de que a cociña galega, a día de hoxe, estea onde está, aquí damos algúns nomes. 

5 cociñeiros e cociñeiras galegas que souberon plasmar sobre o mantel o que é cociñar na Galiza, un sentimento moi da terra e que conquista a grandes e cativos a golpe de receitas.

Se che gusta comer ben, descubre os 5 pratos tradicionais galegos para desfrutar este inverno

 

Se o teu coa cociña non é amor a primeira vista, aprende das mellores, quizais cambiando de perspectiva, o obxectivo cambie...

Pepe Solla

Pepe Solla

O cociñeiro galego, nado na localidade de Poio, dirixe o restaurante Casa Solla cunha estrela Michelin, que é un templo da gastronomía en Pontevedra. 

A cociña de Pepe Solla ten un denominador común, Galiza e a súa tradición culinaria, toda unha experiencia para a comensal que visite o seu restaurante, onde lonxe de sacrificar a calidade do servizo, segue apostando por manter só nove mesas.

O resultado, exquisito. En palabras de Solla, a diferenza da súa cociña e por conseguinte do seu restaurante márcana as e os seus provedores e, como non, o seu produto, este último conta, cada vez, con máis valor dentro da gastronomía. 

Mencionar que o seu interese polo mundo do viño e a súa formación ao redor del, convertérono nun dos membros fundadores da Asociación Galega de Catadoras. 

Unha cociña tradicional e innovadora, modernizada pola creatividade de Pepe Solla onde o bo produto e o gusto polo bo facer dan coma resultado unha cociña galega excepcional.

A cociña na Galiza é un auténtico espectáculo, se queres disfrutarla aínda máis, proba a gastronomía galega de Carnaval 

 

Yayo Daporta

Yayo Daporta

O cociñeiro galego, nado na localidade de Cambados dirixe, xunto coa súa irmá Esther Daporta, o restaurante Yayo Daporta. Un lugar onde a súa cociña adquire unha dimensión especial, e que, segundo el mesmo, baséase no bo gusto e o sentido común. 

A afección culinaria de Yayo Daporta ven de moi atrás, tras estudar na escola de hostalería en Santiago de Compostela, chegoulle a oportunidade de traballar en "Casa Solla", onde espertou a súa curiosidade pola cociña de vangarda. A súa verdadeira vocación chegou. 

Yayo Daporta inaugurou o seu restaurante en 2005 e gañou un Record Guinness ao cociñeiro máis novo da historia en conseguir unha estrela Michelin. Non hai dúbida da paixón deste cambadés pola cociña. 

Cociña galega actualizada con chiscadelas a produtos doutras zonas, reinventa como ninguén o receitario galego máis típico entre fogóns e tras as paredes dun nobre e solariego edificio de pedra. Do mesmo xeito que a súa cociña, o seu restaurante conxuga á perfección o antigo e o máis actual

Sentidiño, sentido, tradición e calidade en todas as súas creacións son os acenos de identidade deste recoñecido cociñeiro que traspasou fronteiras. 

 

O galego está de moda, e o deporte non é unha excepción, coñece aos 10 mellores deportistas galegos na actualidade

 

Pepe Vieira

Pepe Vieira

O cociñeiro vigués rexenta e dirixe o restaurante que leva o seu nome, Pepe Vieira, cunha Estrela Michelin. Nel, e segundo el mesmo, a súa cociña baséase no surrealismo galego, profunda nas raíces da tradición, cultura e cociña galegas para construír unha nova gastronomía chea de matices inspirada nese punto máxico do patrimonio inmaterial galego. 

A súa cociña móstrase auténtica e chea de significado. A intención é ir máis aló do culinario, e na medida do posíbel, contar unha historia con cada prato. 

Como bo cociñeiro e amante da gastronomía galega, profundizou nela para desenrolar unha gastronomía propia á que bautizou como "A última cociña do mundo", na que rescata receitas e condimentos en ocasións esquecidos, cunha misión clara, a transmisión cultural. 

Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse e facer rutas excepcionais

 

Lucía Freitas

Lucía Freitas

A cociñeira compostelá soubo facerse oco dentro do mundo gastronómico galego, converténdose para moitos nunha das responsábeis da innovación máis rexuvenecedora da cociña na Galiza. 

O pasado ano 2019 foi a gran sorpresa en canto a "Estrelas gastronómicas" se refire, conseguindo unha Estrela Michelin para o seu restaurante A Tafona Casa de Xantar en Santiago de Compostela. 

En moi pouquiño tempo a chef compostelá foi capaz de posicionar o seu restaurante dentro da élite dos máis importantes da cidade, proxectando o seu nome e o seu bo facer fóra dela.

A calidade en todos os seus produtos, así como a creatividade e orixinalidade que emprega en todas as súas creacións, foron motivos máis que suficientes para que esta cociñeira galega conquiste o padal dos máis esixentes. 

Tradición e renovación únense para mostrar a cociña galega máis rexuvenecedora que nunca... se queres meterlle o dente, a A Tafona Casa de Xantar en Santiago espérate. 

Entroido na Galiza 2020: Ruta polos entroidos galegos máis salientábeis

 

Luis Veira

Luis Veira

O cociñeiro coruñés Luis Veira dirixe o restaurante Árbore da Veira na Coruña, onde o Atlántico, a tempada e o bo produto son as chaves. 

Dende moi pequeno soubo que de maior sería cociñeiro, por iso é polo que aos trece anos xa estaba aprendendo na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela. 

Cunha Estrela Michelin, este chef galego traballou en hoteis, mariscarías e restaurantes de tradición galega, ampliando os seus coñecementos en cociñas de España e Francia para volver á Coruña. A tranquilidade duroulle pouco, xa que volveu a poñerse na estrada. 

Tras gozar entre fogóns en restaurantes de renome, e sentando as bases da súa cociña, abre en 2012 Árbore da Veira, conseguindo a súa primeira Estrela Michelin en tan só un ano. 

A súa cociña reinventa a tradición, reinterpretando os receitarios clásicos e, contando cun bo produto galego, só queda buscar o equilibrio na elaboración. Cociña galega da man da mellor cociña de autor. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/5-cocineiros-galegos-cuspide-da-gastronomia/20200213113004091317.html


© 2020 Nós Diario