domingo 16.02.2020

Os 10 mellores deportistas galegos da actualidade

Deportistas galegos ‘top’ no 2020: Galiza conta con innumerábeis deportistas de élite no máis alto das súas carreiras. ¿Son estes os 10 mellores?
Os 10 mellores deportistas galegos da actualidade
Os 10 mellores deportistas galegos da actualidade

Deportistas galegos na cúspide neste 2020: Galiza sempre contou con deportistas de élite na maioría das disciplinas deportivas, e neste ano Olímpico, non ía ser menos.

Crees que poderías facer outra lista similar? Anímate!

A realidade galega actual é que a nosa terra viu nacer a grandes deportistas, e aínda que o fútbol é un dos deportes máis seguidos, hai multitude de deportes e de deportistas que cada día traballan moi duro para deixar o nome de Galiza no máis alto.

Ana Peleteiro segue a medrar. Unha das mellores deportistas galegas na actualidade ten alma Ribeirense

 

Aquí traémosche unha pequena lista cos dez deportistas dos que poderían ser considerados como os mellores deportistas galegos da actualidade.

 

Poñemos ademáis a disposición de todos vós os comentarios deste artigo, para que fagades a vosa propia lista de mellores deportistas galegos da actualidade, para poder coñecer tamén a vosa opinión.

Ana Peleteiro

Ana Peleteiro

Twitter: @apeleteirob

  • Triple saltadora nada en Ribeira. 
  • Actualmente posúe o récord nacional de triple salto.
  • Entre outros éxitos, gañou a medalla de ouro no Campionato de Europa de Atletismo en interiores 2019.
  • Anteriormente gañara medallas de bronce nos Campionatos do mundo cubertos de 2018 e os Campionatos europeos de 2018.
Existen moitos deportes ademáis do fútbol, sen que sexan deportes minoritarios

 

Rodrigo Corrales

Rodrigo Corrales

Twitter: @Rodrigao016

  • Porteiro de balonmán nado en Cangas.
  • Actualmente xoga no Paris Saint-Germain da LNH e é internacional absoluto.
  • No seu palmarés, conta coa medalla de ouro no pasado Europeo de Balonmán 2018, así como diferentes títulos co seu actual equipo, o París Saint-Germain.
  • Precisamente hoxe disputará  a semifinal do Europeo 2020 ante Eslovenia, para loitar por chegar a unha nova final europea.

Javi Gómez Noya

Javi Gómez Noya

Twitter: @Jgomeznoya

  • Triatleta nado en Basilea (Suíza) pero con raíces Ferrolanas e Pontevedresas.
  • Considerado un dos mellores deportistas galegos da historia, Javi Gómez Noya ten un palmarés es escándalo.
  • É o gañador de cinco Campionatos do Mundo de Tríatlon ITU
  • Posúe tres títulos da Copa Mundial de Tríatlon ITU
  • Gañou a Medalla de Prata para España nos Xogos Olímpicos 2012
  • Tamén gañou títulos mundiais para Ironman 70.3 e XTERRA Triathlon
Sabes cantos títulos ostenta Javi Gómez Noya? Descobre un dos máis recentes logrado na Galiza

 

Iago Aspas

iago aspas seleccion galega

Twitter: @aspas10

  • Futbolista nado en Moaña (Pontevedra). Xogador do Celta de Vigo e internacional absoluto.
  • Actualmente é o principal referente do fútbol galego a na élite, sendo a alma do Celta de Vigo e un dos delanteiros de referencia a nivel nacional.
  • Entre algúns dos seus logros, está o de conseguir o trofeo de Máximo Goleador nado no Estado español tres anos seguidos, dende a temporada 16/17 ata a 18/19.

Tamara Abalde

Tamara Abalde

Twitter: @tamaraabalde6

  • Baloncestista nada en Ferrol. Xogadora do Valencia Basket e internacional absoluta.
  • Actualmente é a xogadora galega de referencia no baloncesto feminino, contando cunha ampla traxectoria e experiencia tanto a nivel nacional coma internacional.
  • Entre algúns dos seus principais logros, está a Medalla de Ouro conseguida no Eurobasket do pasado ano 2019.
As Fillas de Breogán conquistan o Paneuropeo de fútbol gaélico

 

Pola (Adrián Alonso)

Pola

Twitter: @Pola7Futsal

  • Adrián Alonso (Pola) é un xogador de fútbol sala nado en Vigo que xoga no Inter Movistar.
  • Entre o seu palmarés, gañou a Eurocopa de fútbol sala de 2016.
  • Co Inter Movistar gañou todos os títulos posíbeis: a LNFS, a Copa de España de fútbol sala, a Copa do Rey de fútbol sala e a Supercopa de España de Fútbol sala. Gañando este último e a Copa de España tamén no Santiago Futsal.

Nico Rodríguez

Nico Rodríguez

  • Nico Rodríguez, regatista nado en Vigo. Actualmente compite en vela na clase 470.
  • Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de 470, prata en 2019 e bronce en 2018, e dúas medallas no Campionato Europeo de 470, prata en 2019 e bronce en 2017.
Igualdade no deporte galego: Mulleres, deporte e medios. O tratamento informativo é algo vital.

 

Alicia Fernández

Alicia Fernández

Twitter: @aali_fernandez

  • Xogadora de balonmán nada en Valdoviño. 
  • Actualmente xoga no SCM Râmnicu Vâlcea rumano, e é internacional absoluta, sendo a principal referente do balonmán galego feminino na actualidade.
  • No pasado Campeonato do Mundo de Xapón 2019, conseguiu a Medalla de Prata.

Teresa Portela

Teresa Portela

Twitter: @teriportela

  • Piragüista nada en Cangas do Morrazo.
  • Por méritos propios, está considerada coma unha das mellores deportistas galegas da historia.
  • Gañou 15 medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2001 e 2019, e dezasete medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2001 e 2013.
  • Participou en cinco Xogos Olímpicos, entre os anos 2000 e 2016, disputando cinco finais:
    • 5º lugar en Atenas 2004 (nas probas de K2 500 m e K4 500 m)
    • 5º lugar en Pequín 2008 ( K4 500 m)
    • 4º lugar en Londres 2012 ( K1 200 m)
    • 6º lugar en Río de Janeiro 2016 ( K1 200 m)
  • Coa súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020, será a primeira en participar en seis edicións dos Xogos.
Galiza finalizaría segunda no medalleiro do Mundial de piragüismo de competir como nación independente

 

Tono Campos

Manuel Tono Campos piragüismo

  • Piragüista nado no Grove.
  • Especialista nas modalidades de augas tranquilas e maratón.
  • Gañou unha medalla de prata no Campionato Mundial de Piragüismo de 2015 e unha medalla de prata no Campionato Europeo de Piragüismo de 2012.
  • Na modalidade de maratón, obtivo 19 medallas no Campionato Mundial entre os anos 2007 e 2019, e 9 medallas no Campionato Europeo entre os anos 2013 e 2019.

comentarios