Medio Ambiente

As verteduras das celulosas de Altri contaminan o río Texo pondo en risco a actividade pesqueira

As relacións de Altri co medio ambiente nunca foron boas. O grupo portugués, que posúe o 75% do capital de Greenfiber, a sociedade que impulsa unha pasteira en Palas de Rei (A Ulloa), acumula centos de denuncias por contaminación ao río Texo en Portugal. Unha empresa do grupo, Celtejo (Celulosas do Tejo), é responsábel do 90% das verteduras contaminantes a ese río.

Arlindo Marques
photo_camera Espuma de contaminación no encoro de Abrantes, no río Texo, a 100 km da pasteira de Celtejo. (Foto: Arlindo Marques).
Comentarios