'Nós Diario' accede ao documento que confirma que EDP contactara o Concello en 2020

O alcalde de Monfero tería ocultado información sobre os parques eólicos

O Concello de Monfero coñeceu en outubro de 2020 os plans de EDP Renovables en relación ao parque eólico Taboada, cuxas turbinas ficarían a escasos metros das Fragas do Eume. Porén, o alcalde, Andrés Feal, insistira en máis dunha ocasión en que non recibira tal notificación, que onte se fixo pública grazas á intervención dun edil do Goberno local. A veciñanza pide agora a dimisión do rexedor.
Mobilización da plataforma Monfero di Non en contra dos parques Pena do Corvo e Taboada (Foto: Nós Diario).
photo_camera Mobilización da plataforma Monfero di Non en contra dos parques Pena do Corvo e Taboada (Foto: Nós Diario).
Comentarios