Da ciencia á soberanía

Eis o Sermos 161. Unha capa a falar do presente do ensino público, do presente da investigación científica levada a cabo por mulleres, das posibilidades actuais de contarmos cun grupo parlamentar propio. Ciencia e soberanía unidas por un sistema educativo galego, público, laico, gratuíto e democrático. Alicerces sobre os que asentar o futuro

sermos161
photo_camera Capa do Sermos161

Mais tamén do futuro, algo escuro e borroso que se adiviña na parte alta dereita da foto central, nesas siluetas que parecen teren  medo de avanzaren, de saíren da sombra, coa man tapando a boca, a semellanza, quen sabe, do que o actual sistema educativo fai coa nosa lingua. 

Ou será que se asustan da imposibilidade de aprenderen desde aquí, desde nós. Tamén acabará sendo sombra, pura silueta engulida polo sistema a criatura do primeiro plano?

Futuro algo escuro e borroso de se manteren as actuais liñas de cortes e privatizacións que o Goberno do Partido Popular está a levar adiante. Cortes en persoal, en comedores, en libros e material escolar que desfiguran un pouco esa “escola feliz” que anuncia a mochila da crianza que avanza decidida, agarrada fortemente á man adulta que a conduce, afastándoa desa fenda que parece abrirse no chan. Esa fenda que representa o constante peche de unidades no ensino público e o incremento no privado ou o constante retroceso do ensino en galego promovido polo decreto de plurilingüísmo. Fenda política e ideolóxica que o PP introduciu no sistema.

non quero ir

Asinantes do semanario

E xa está ben por hoxe. Anímense a ler o Sermos 161, fáganse asinantes do semanario e pensen que, de continuaren as cousas así, se cadra en vez de fotos como esta, teremos que estar a comentar a ben coñecida estampa de Castelao que ten como pé: Non quero ir porque o escolante pégame e a escola cheira que fede.

Máis en Só en papel
Comentarios