Flora galega: descubrindo as plantas da Galiza

A variada flora da Galiza está mudando constantemente. Hoxe, algunhas plantas autóctonas como a xesta de Ons ou a santolina de Melide atópanse en perigo de extinción, mentres que especies estranxeiras chegan ao país espallándose até o punto de que as cremos propias, como as mimosas. Outras actúan aquí como invasoras, como é o caso dos trebiños. O botánico Xosé Ramón García achega a maioría das plantas que existen na Galiza, con 1.715 taxons e 1.493 fotografías, nunha nova edición, corrixida e aumentada con 330 especies máis que as anteriores, da 'Guía das plantas de Galicia' (Xerais, 2023).
A malva (Malva sylvestris). [Foto: Xerais]
photo_camera A malva (Malva sylvestris). [Foto: Xerais]
Toda unha vida transitando a natureza galega, reparando na flora e clasificándoa. Xosé Ramón García (Pontevedra, 1950) vén de compilar máis de tres décadas do seu traballo e coñecementos nunha guía…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios