Emilio Araúxo. A memoria da tribo

Filósofo, profesor, etnógrafo, poeta, novelista, tradutor, editor, fotógrafo;  promotor museístico, colleiteiro de palabras; memorialista da tribo, sabio, labrego cultural... son tantas e tan intensas as súas (pre)ocupacións que sorprende o escaso coñecemento que colectivamente temos da súa ampla obra.  Emilio Araúxo é a “impersonaxe”, a “non personaxe”, papel que reivindica para si mesmo dende o “non protagonismo” da súa enorme modestia.
Emilio Araúxo, en Porto Quintela (Bande, Baixa Limia)en 2023 (Foto: Antón Mascato).
photo_camera Emilio Araúxo, en Porto Quintela (Bande, Baixa Limia)en 2023 (Foto: Antón Mascato).
Naceu en 1946, ano da fame “por iso saín un pouco espigado”, na terra da Peroxa,  nunha aldeíña do concello de Coles chamada Santo Eusebio, orixe da súa nai, sendo o pai de Maceda. Dous mundos…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios