Antón Mascato

casal
star
'Ánxel Casal. Memoria de Nós'

Tres expedientes xudiciais. O espolio do patrimonio de Ánxel Casal

Nos tres documentos xudiciais aos que accedemos relacionados co patrimonio de Ánxel Casal Gosenxe, asistimos a unha perversa relación de feitos e imputacións que precisan dunha lectura crítica para non perdermos de vista o relato do fondo histórico que agochan. 
Detalle do retrato de Ánxel Casal que lle fixo Camilo Díaz Baliño no cárcere de Santiago
star
Ánxel Casal. Memoria de Nós.

Relación completa do espolio bibliográfico da editorial Nós

 O pronome 'nós' non é unha palabra calquera na nosa lingua. Primeiro foi o título dun álbum de debuxos de Castelao, despois o da senlleira revista que nomea a xeración máis importante da primeira metade do século XX. Dela tomou un dos seus membros, a quen hoxe honramos, o nome para a editora que máis fixo polas nosas letras antes da Guerra.

Contaba Pousa Antelo que de mozo ía ás feiras vender libros da Editorial Nós. O beneficio era escaso e poucos os compradores. Facíao porque llo pedía Casal, un home que confiou sempre na empresa, na heroica empresa, da palabra impresa na nosa lingua. Cando lle preguntaron que faría se Nós quebrase, respondeu que compraría un burro e iría polos camiños vender libros. Estes son os que quedaban cando o asasinaron.

Sen titulo
star
'Ánxel Casal. Memoria de Nós'

Quen matou a Ánxel Casal? Algunhas suposicións

“Os libros, as escolas da Irmandade, a espranza de botar un libro máis pra, como un pneuma de abril, facer desabrochare os salgueiros nas sebes e a lembranza nos peitos, eran as nosas cousas…”. 

Deixouno escrito Otero Pedrayo no seu O libro dos amigos (1953) cando xa mataran a Ánxel Casal dúas veces. Unha asasinándoo; a segunda, espoliando o seu patrimonio editorial, onde remataron a devastación das nosas cousas, aquelas ás que se entregou sen acougo o noso editor nacional. Esta é a crónica documentada deses dous crimes.

Emilio Araúxo, en Porto Quintela (Bande, Baixa Limia)en 2023 (Foto: Antón Mascato).
star
Reportaxes

Emilio Araúxo. A memoria da tribo

Filósofo, profesor, etnógrafo, poeta, novelista, tradutor, editor, fotógrafo;  promotor museístico, colleiteiro de palabras; memorialista da tribo, sabio, labrego cultural... son tantas e tan intensas as súas (pre)ocupacións que sorprende o escaso coñecemento que colectivamente temos da súa ampla obra.  Emilio Araúxo é a “impersonaxe”, a “non personaxe”, papel que reivindica para si mesmo dende o “non protagonismo” da súa enorme modestia.
Antón Mascato mantivo unha longa amizade con Del Riego.
star
CULTURA

Por outra biografía de Francisco Fernández del Riego

Antón Mascato vén de publicar De Compostela ao exilio inerior (Alvarellos), unha biografís de Francisco Fernández del Riego que aborda algúns temas espiñentos que adoitan evitarse. O autor avoga por revisar e ampliar a biografía dun home que o fixo case todo na Galiza e que el considera "historia viva do nacionalismo".