A Xunta reclama ao Estado español 2,3 millóns pola xestión dos pellets

O Executivo galego comprometérase cos concellos a tramitar os gastos.
Ángeles Vázquez e Alfonso Villares (no centro), esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
photo_camera Ángeles Vázquez e Alfonso Villares (no centro), esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)

A vicepresidenta segunda da Xunta da Galiza e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou esta cuarta feira que o Goberno galego recorrerá aos tribunais para exixir ao Executivo estatal que reclame ante a armadora do Toconao os 2,37 millóns de euros que custou a limpeza dos pellets ás arcas galegas.

Así o anunciou durante a rolda de prensa convocada para facer balance do operativo de limpeza de pellets tras a desactivación a pasada sexta feira do plan Camgal. A conselleira cifrou o gasto que supuxo esta limpeza en 2,37 millóns de euros que insiste en "reivindicar", baixo a premisa de "quen contamina, paga". 

O Executivo galego solicitou por carta ao estatal o inicio do procedemento de exixencia de responsabilidade medioambiental contra a armadora, mais a vicepresidenta asegura que non ten aínda información sobre este proceso. Por este motivo recorrerán á Xustiza para "exixir ao Goberno estatal que active o mecanismo de compensación"

Exerce de "xestoría"

O 4 de xaneiro enviar aos concellos afectados unha carta na que os emprazaba a achegar datos para poder reclamar a factura dos gastos de limpeza. Na misiva indicábase que sería a Consellaría do Mar a encargada de remitir o parte de gastos á armadora. Na altura, concellos como Ribeira ou Muros criticaron que a Xunta se limitara a exercer de "xestoría".

Ante as declaracións de Vázquez, o delegado do Goberno español na Galiza, Pedro Branco, acusou onte a Xunta de "terxiversar a realidade" e de "descoordinación" e "falta de xestión" na vertedura dos  pellets. "Non aprenderon nada" e "continúan instalados na postura de que todo o fixeron ben", criticou Pedro Branco.

Comentarios