A Xunta pagará 7 ME ao ano ás concesionarias das autovías pola perda de tránsito

Argüe que o número de vehículos é "un 40% inferior" que o previsto nos contratos polo que inxectará 7 millóns de euros ao ano.

Feijóo

As empresas concesionarias das autovías do Sanlés, Barbanza e Celanova serás regatadas pola Xunta con diñeiro público. Así o confirmou o presidente da Xunta após o Consello da do 26 de decembro. 

A decisión do goberno suporá o pagamento de 7 millóns de euros ao ano, a repartir entre as tres. Unha medida que visa evitar a declaración de "quebra" das entidades e a responsabilidade patrimonial que lle derivaría da mesma ao executivo galego e que Feijóo cifrou en 189 millóns de euros. 

Esta nova partida orzamentaria destínase á denominada 'portaxe encuberta'. Un mecanismo de pagamento que inclúe os xuros polo custe de construción das autovías máis unha porcentaxe por cada vehículo que transita en calidade de 'canon' por mantemento. Sendo que en 2013 o tránsito foi un 40% inferior ao previsto, as concesionarias din sofrer polos baixos gaños e exixen á Xunta que inxecte máis diñeiro público a modo de compensación.

Feijóo afirmou na súa comparecencia de imprensa que a medida suporá un "aforro" de 114 millóns de euros", mais isto só se producirá de se alcanzaren os "limiares máximos" previstos para o tránsito até 2035, ano en que finaliza o contrato asinado coas concesionarias. 

Comentarios