O escano en xogo entre o PP e o PSdeG fica finalmente do lado da formación conservadora.
O PSdeG tiña razoábeis posibilidades de acadar unha terceira acta. Precisaba de primeiro enxugar a distancia que o separaba do último escano do Partido Popular -135 votos- e logo obter no mínimo un terzo dos sufraxios colleitados pola formación de Baltar nesta circunscrición.
Mais o resultado final deixa as cousas como ficaron a noite do 25S, ao totalizar o PP 1.059 votos e ficar o PSdeG en 344. En Marea foi terceira forza no voto dos residentes ausentes de Ourense, con 214 sufraxios, en tanto que a listaxe liderada por Noa Presas (BNG) colleitou 58.