O Constitucional adía á segunda feira o debate para decidir se frea a reforma sobre a súa renovación

González-Trevijano accedeu ao exposto por cinco maxistrados de tendencia progresista acordando que o Pleno extraordinario desta quinta feira se retome ás 10 horas da próxima segunda.
O Tribunal Constitucional nunha imaxe de arquivo (Foto: Zarateman / Creative Commons).
photo_camera O Tribunal Constitucional nunha imaxe de arquivo (Foto: Zarateman / Creative Commons).

O presidente do Tribunal Constitucional (TC), Pedro González-Trevijano, acordou (a pedimento de cinco maxistrados de tendencia progresista) continuar a vindeira segunda feira co debate interno que comezou no Pleno extraordinario do Congreso en Madrid desta quinta para decidir sobre o recurso que presentou o PP para frear a tramitación parlamentaria da reforma do propio tribunal.

Os maxistrados Juan Antonio Xiol, Cándido Conde-Pumpido, María Luisa Balaguer, Inmaculada Montalbán e Ramón Sáez solicitaron nun escrito ao presidente do TC que aprace o Pleno para darlles "o tempo indispensábel" para levar a cabo un "estudo completo" do recurso do PP e dos escritos introducidos nas últimas horas por PSOE, Unidas Podemos e Vox.

Os asinantes explicaron que, dada "a complexidade da cuestión que expón o recurso e a relevancia da decisión", na situación actual non lles é posíbel poder participar na deliberación e votación.

González-Trevijano accedeu ao exposto por estes cinco maxistrados acordando que o Pleno extraordinario desta quinta feira se retome ás 10 horas da próxima segunda.

Pódese votar no Congreso

A proposición de lei para derrogar o delito de sedición, modificar o de malversación e cambiar as maiorías para renovar o Tribunal Constitucional votouse nun pleno do Congreso das Deputadas e Deputados que comezou por volta das 15 horas.

Puideron votar após a decisión do TC de aprazar o seu debate interno.

[Haberá ampliación]

Comentarios