O Tribunal Constitucional podería decidir a favor de devolver o escano a Alberto Rodríguez

O Tribunal Constitucional (TC) resolvería así contra a decisión de Meritxell Batet de retirarlle o asento no Congreso.
O ex deputado de UP no Congreso Alberto Rodríguez. (Foto: Europa Press)
photo_camera O ex deputado de UP no Congreso Alberto Rodríguez. (Foto: Europa Press)

[Esta información foi actualizada a 15 de xuño de 2022]

O Tribunal Constitucional (TC) podería resolver a favor de devolver o escano no Congreso a Alberto Rodríguez, antigo deputado de Unidas Podemos, anulando así unha resolución emitida pola presidenta da Cámara Baixa, Meritxell Batet, segundo apuntou o xornalista Ernesto Ekaizer en Radio Euskadi.

O deputado canario presentara un recurso de amparo ante o TC despois de que se fixera pública a decisión da presidenta socialista do Congreso.

O obxectivo de Rodríguez é que a maxistratura declare nula a sentenza do Tribunal Supremo (TS) pola que o condenaban por un delito de atentado a axentes da autoridade.

Este era o segundo recurso de amparo que presenta o ex deputado. Nun primeiro termo, presentou un recurso contra a decisión de Batet de retirarlle o seu escaño, ao considerar que se trataba dunha decisión "irresponsábel".

Candidatura de "obediencia canaria"

A semana pasada, Alberto Rodríguez anunciou a súa intención de concorrer nas eleccións que terán lugar nas Illas Canarias en 2023 cun proxecto "de obediencia canaria e de carácter popular".

Rodríguez lembrou que no arquipélago das Canarias xa existiu unha formación política, Unión do Pobo Canario (UPC), cunhas características similares ás deste proxecto que comeza a organizarse para 2023.

"O respecto aos territorios e ás diferentes nacionalidades non é escoitado, nunha estrutura estatal sempre vai ser imposíbel. Sempre vai a haber un tema máis importante dentro da M-30", explicou o ex deputado no Congreso nunha entrevista a Radio Club Tenerife.

Comentarios