O TSXG vai investigar a Paula Prado por fraude e tráfico de influencias

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza investigará se influíu na contratación de persoas no Concello cando era responsábel da axencia de emprego e se autorizou o pago de facturas 'inflada'.

paulaprado_capa
photo_camera paulaprado_capa

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) notificou mediante un auto que acepta a competencia para investigar á deputada e ex-portavoz do PPdeG Paula Prado. Investigaraa por presuntos delitos de fraude e tráficos de influencias.

Esta investigación centrarse en tres feitos: autorización do pago dunha factura municipal cun sobrecusto de 3.000 euros con motivo da representación dun espectáculo en 2012, influencia na contratación de persoas en empresas concesionarias do Concello de Compostela cando era responsábel da axencia de colocación; e a intervención na resolución de dous expedientes dun local de lecer.

Comentarios