Tapias non acepta as explicacións de Guerra tras o "intento de pucheirazo"

Continúa a guerra interna no PP de Vigo.
A candidatura de Fernández-Tapias a liderar o PP de Vigo. (Foto: Europa Press)
photo_camera A candidatura de Fernández-Tapias a liderar o PP de Vigo. (Foto: Europa Press)

O equipo de Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo e candidata a presidir o PP local, cualificou esta cuarta feira de "inverosímiles e pouco convincentes" as explicacións do seu opoñente, Javier Guerra, en relación ás supostas afiliacións irregulares ao partido con cotas domiciliadas nunha conta ao seu nome.

Así o trasladou, a través dun comunicado, o membro da candidatura de Fernández-Tapias Antonio Martiño, quen criticou que este "intento de pucheirazo" é unha "manobra" de Guerra para "alterar o censo" de cara ás primarias que se celebrarán o vindeiro 18 de decembro.

"É evidente que pretendía influír no resultado [do Congreso do PP]", asegurou.

O senador Javier Guerra defendera a "legalidade" destas afiliacións alegando que se trataba de "familiares e achegados" seus.

Esta cuarta feira, preguntado polos medios sobre esta polémica, evitou facer novas declaracións, mais si afirmou que a súa candidatura é "a única" que pode "manter a súa autonomía" para "non aceptar as decisións que veñan de fóra da cidade".

"É evidente que pretendía influír no resultado [do Congreso do PP]", asegurou.

En calquera caso, Guerra viña de acusar Martiño de intentar "desprestixiar" a súa candidatura.

Aínda así, o compañeiro de Fernández-Tapias indicou: "Javier Guerra pagou co seu diñeiro as afiliacións porque agardaba que esas persoas puideran votar no Congreso".

A última hora desta cuarta transcendeu que o secretario de Organización do PP a nivel do Estado español, Alberto Casero, mandou unha carta a Guerra garantindo que no comunicado que remitiran ao presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, sobre posíbeis irregularidades na demanda de afiliacións non aludían a un número concreto "nin por suposto" se fornecían nomes.

Comentarios