A nacionalista Rosana Pérez asume 'con ilusión e responsabilidade' o seu escano en Madrid

A nacionalista da Pobra do Caramiñal tomará hoxe posesión do seu escano no Congreso como nova deputada en substitución de Francisco Jorquera, candidato do BNG á presidencia da Xunta
Rosana Pérez Fernández
photo_camera Rosana Pérez Fernández

A partir de hoxe Rosana Pérez Fernández (A Pobra do Caramiñal, 1964) será deputada do BNG pola Coruña en Madrid ocupando o escano que Francisco Jorquera deixou para se presentar como candidato á presidencia da Xunta. Leva moitos anos na política e asume este reto "con moita ilusión e un alto grao de responsabilidade". Comezou a militar no BNG en 1983, con 17 anos, e partillou a súa vida como funcionaria da consellaría de Educación no Instituto Número 1 de Ribeira coa maternidade dunha filla. O seu despertar temperá na política levouna a ser concelleira nacionalista na súa vila natal catro lexislaturas, 17 anos, os últimos 13 co desempeño da portavocía municipal do BNG.

"Sei que o Congreso d@s Deputad@s é un sitio con dificultades", asegura, “impón por razóns históricas e entre dúas parlamentarias temos que facer o traballo que fan no PP e no PSOE"

No Bloque foi membro da executiva até a última asemblea do mes de xaneiro de 2012. Forma parte do Consello nacional e ostentou as funcións de Responsábel de relacións exteriores e a responsabilidade de comunicación. Hoxe, a partir das 16 horas, comeza a súa andaina como deputada do BNG no Congreso pola Coruña.

Traballo no Congreso
"Sei que o Congreso d@s Deputad@s é un sitio con dificultades", asegura, “impón por razóns históricas e entre dúas parlamentarias temos que facer o traballo que fan no PP e no PSOE". Sabe que ten que se multiplicar e terá que asistir a moitos plenos e reunións, mais asegura contar "con moita ilusión".
Rosana Pérez deixou hai uns días o seu posto como concelleira na Pobra do Caramiñal, porén non pensa esquecer a súa comarca, O Barbanza. Ademais de tratar temas xerais de todo o país afirma que vai ser "sensíbel con temas como o do sector pesqueiro e problemas como os que ten a conserva coa competencia desleal e a etiquetaxe".

Comentarios