Pon como exemplo a Comunidade de Madrid

Rivera ofréceselle a Feijóo para formar un “goberno estábel”

O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, visitou Galiza na xornada do domingo e ofreceuse ao PP para configurar “un goberno estábel” no que a formación laranxa sería “a chave”.

[Imaxe: Ciudadanos] Albert Rivera, na Coruña
photo_camera [Imaxe: Ciudadanos] Albert Rivera, na Coruña

Para o líder de Ciudadanos, que visitou este domingo Galiza, existen varios escenarios de cara ás eleccións do 25 de setembro: “que o PP gañe con maioría absoluta, o que suporía un descontrol e unha falta de reformas ou que a perda”. Neste último caso, abriríanse dous camiños: “un batiburrillo representado por En Marea ou a posibilidade de configurar un goberno estábel” no que Ciudadanos sería “a chave”.

Espello en Madrid

Albert Rivera puxo como exemplo a Comunidade de Madrid do que, ao seu ver, debe acontecer na Galiza. En Madrid, Ciudadanos, afirmou, “controla o PP” de Cristina Cifuentes e “marca a axenda”.

Comentarios