Rajoy pide ante 600 dirixentes aparcar liortas e centrarse en gañar as eleccións

Despois de dous anos, e en plena crise interna após os resultados das andaluzas, a Xunta Nacional do PP volveu reunirse. Mariano Rajoy chamou a ''ter claros os obxectivos''.

A Xunta Nacional do partido Popular volveu reunirse após dous anos sen facelo. O máximo órgano entre congresos dos populares -que nas etapas de Aznar ou Fraga mantiña xuntanzas periódicas- levaba sen convocarse desde 2013. Para esta cita Rajoy quixo pleno e convocou 600 dirixentes populares, consciente do momento que vive o PP e que se evidenciou após os malos resultados das eleccións andaluzas. Uns comicios que ameazan con abrir a caixa de Pandora das críticas internas.

Rajoy chamou a estes dirixentes a non se distraer e centrarse nos 2 obxectivos para 2015: gañar as eleccións e, dixo, seguir na senda da recuperación económica.

“En política, e na vida en xeral, convén distinguir o importante do que non o é, ter claros os obxectivos, e convén non se distraer ou deixar distraerse con asuntos menos , en ocasións intrascendentes ou irrelavantes”, dixo Mariano Rajoy.

Unha frase interpretada como unha chamada a deixar de lado as liortas internas e se centrar no “importante”, toda vez que este ano hai varias citas electorais fulcrais e onde o PP se xoga moito.

Defensa de Cospedal

O líder d PP finalizou facendo un agradecemento expreso a actual dirección do PP en citando expresamente a Dolores de Cospedal, moi cuestionada internamente, por como fixo fronte estes anos a “cuestións complexas”.

Comentarios