domingo 05.07.2020

O PSOE sobre a moción de censura en Nafarroa: “Nós non imos con Bildu nin á volta da esquina”

Elenas Valenciano, vicesecretaria xeral [email protected] socialistas e a súa nº1 ás eleccións europeas, negou coincidir con Bildu (3ª forza en Nafarroa) para botar á presidenta Yolanda Barcina (UPN) nunha moción de censura. O PSN emprazara horas antes a Barcina a demitir ou enfrontarse a unha moción de censura.

Elena Valenciano
Elena Valenciano

A presidenta de Nafarroa Yolanda Barcina está contra as cordas. Tras os escándalos e sospeitas sobre as relacións de gargos de UPN e a caixa de aforros desta comunidade foral, as acusacións da ex-directora de Facenda contra conselleiros do goberno de UPN, sitúan o goberno rexionalista nun escenario máis que difícil. Desde o Partido Socialistas de Navarra deron a Barcina 15 días para demitir ou presentaban unha moción de censura. Mais esta posibilidade de presentar unha moción non foi consultada nin comunicada polo PSN ao resto de forzas da oposición. E o PSN, con 9 parlamentarios de 50, non lle permiten presentar por si só esa moción.

Xa en abril de 2013 a abstención dos socialistas nunha moción do resto da oposición salvara ao goberno de Barcina

Mais desde Madrid xa mandaron esta quinta feira unha mensaxe clara por boca da súa vicesecretaria xeral do PSOE e cabeza de lista ás europeas, Elena Valenciano. “Desminto que o PSOE vaia ir con Bildu a algunha parte. Nós non imos con Bildu nin á volta da esquina, nin moito menos a unha aventura política”.

Unhas manifestacións que suporían a UPN e Barcina seguir no poder, pois para que a moción de censura saia adiante é precisa a esquerda abertzale, que é a terceira forza e ten 7 parlamentarios (PSN ten 9 e UPN,19). A composición da Cámara complétase con 6 [email protected] de Aralar-Nafarroa Bai, 4 do PP, 3 de Izquierda-Eskerra e 2 non [email protected]

Barcina xoga co pavor de Ferraz a Bildu

Yolanda Barcina coñece o pavor que teñen en Ferraz a que se lles asocie a Bildu. E aproveita. Así, acusou ao PSN de querer "pasar liñas vermellas" para aliarse coa esquerda abertzale e presentar unha moción contra ela.

comentarios