A proposta de Feixoo de indultar a Puigdemont axita a campaña

Os populares insisten en que agora "non se dá ningunha condición para esa posibilidade".
Besteiro, non mitin de campaña que deueste sábado en Vigo
photo_camera Besteiro, non mitin de campaña que deueste sábado en Vigo

A candidata de Sumar á Xunta de Galiza, Marta Lois, exixiu ao candidato popular, Alfonso Rueda, que dea explicacións sobre a suposta idea de "indultar" a Puigdemont, después de que varios medios publicasen que o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, estaría aberto a esta medida de graza, aínda que pouco despois fontes populares matizasen que as súas condicións "non se deron cos indultos do procés".

"O señor Rueda ten que dar explicacións hoxe. Leva todos estes días, todas estas semanas, axitando o tema da amnistía en Catalunya, e o señor Feixoo deixou escapar que realmente tiñan (os indultos) en mente", declarou Marta Lois.

"Mentíronnos, como sempre nos menten, porque menten máis que falan, que tamén pensaban falar de indultos co señor Puigdemont", observou quen tamén foi portavoz de Sumar no Congreso.

Marta Lois defendeu que o goberno progresista fala de amnistía e indultos, mentres que "Feixoo leva todas estas semanas agredíndonos". "O señor Rueda leva todas estas semanas atacando a amnistía e ten que dar explicacións, porque hoxe foron descubertos: son mentireiros, son manipuladores, e hoxe escapóuselle ao señor Feijóo", afirmou.

 

Tamén o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou este domingo en Ferrol que "a mentira rodea ao Partido Popular" e acompaña ao xefe do Goberno galego e candidato popular á reelección, Alfonso Rueda, e avisou de que o 18 de febreiro "haberá unha sorpresa".

Nun mitin celebrado na Praza da Constitución de Ferrol xunto co expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero e ante unhas 600 persoas, Besteiro pronunciouse deste xeito despois da publicación das declaracións de Núñez Feixoo.

As declaracións de Lois e Besteiro súmanse as que fixo esta mañá a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, que afirmou que o PP vai "de bandazo en bandazo" e que "leva toda a semana atacando a Catalunya e agora resulta que é o señor Feixoo quen quere indultar a Puigdemont".

Pola súa parte, o dirixente popular tentou defenderse acusando aos "partidos do goberno" de querer "embarrar a campaña galega". "Dixen e digo que non a ningún tipo de indulto, porque non se cumpre nin unha soa das condicións de ningún posíbel indulto, porque non se dá ningunha condición para esa posibilidade", afirmou, recoñecendo que si aceptaría esa posibilidade baixo determinadas condicións.

Comentarios