ANTE UNHA HIPOTÉTICA INVESTIDURA DE SáNCHEZ

Podemos consultará as bases se ir a eleccións ou permitir Goberno

Pablo Iglesias asegurou este sábado que deixará nas mans da militancia a decisión de ir ou non a novas eleccións no caso de non acadar un acordo co PSOE para formaren un Goberno de coligazón.

pedro sánchez pablo iglesias

O secretario xeral de Podemos anunciou na mañá do sábado que será a militancia do partido morado quen decida se permitirán a investidura do candidato socialdemócrata, Pedro Sánchez, ou se a rexeitan e avogan por unha nova convocatoria eleitoral.

Ao comezo do Consello Cidadán Estatal, que se reuniu en Madrid, Pablo Iglesias defendeu como único escenario posíbel uns novos comicios no caso de non acordaren co PSOE un Goberno de coligazón “á valenciana”.

O anuncio de Pablo Iglesias abre a porta a unha posíbel abstención ou voto afirmativo de Podemos nunha hipotética investidura de Sánchez se así o decidise a militancia de Podemos.

Comentarios