Podemos aposta por unha candidatura con Sumar e Esquerda Unida elixida por primarias para as eleccións galegas

A formación morada aprobou este sábado as liñas de traballo de cara as eleccións galegas
Borja San Ramón, secretario xeral de Podemos na Galiza. (Foto: Europa Press)
photo_camera Borja San Ramón, secretario xeral de Podemos na Galiza. (Foto: Europa Press)

O Consello Cidadán de Podemos na Galiza , máximo órgano de dirección da formación entre congresos, aprobou hoxe a súa “Folla de Ruta” para as eleccións galegas.

A formación morada lembra que "Podemos Galiza veu apostando desde o inicio da nosa formación en 2014 polos procesos de acumulación de forzas como a mellor ferramenta" para intervir politicamente.

Podemos aposta porque  fórmula electoral para as próximas galegas sexa "unha coalición unitaria das forzas do país", en referencia as organizacións galegas de Sumar e de Esquerda Unida.

A organización entende que “as dinámicas de configuración de candidaturas das últimas eleccións xerais, que pillaron a pé cambiado o espazo e obrigaron a elaborar de maneira apresurada”.

O partido morado amósase moi critico cos criterios seguidos por Sumar nas eleccións estatais á hora de conformar as candidaturas. Nesta liña, reclaman un cambio do método empregado así como unha participación directa da militancia do espazo.

Primarias

Podemos explica que "calquera proceso que desemboque nunha candidatura unitaria debe comezar necesariamente por un proceso previo de lexitimación popular a través dunhas primarias, nos que a cidadanía debe de estar no centro do proceso deliberativo".

Os morados propoñen unha fórmula na que as listas e o proxecto programático sexan elixidos por votacións con un único censo "que aglutine tanto ás militancias das forzas políticas como a cidadanía de base sen adscrición partidaria previa". Nesta orientación, defenden que primarias  establezan "mecanismos de cara a xestionar a pluralidade do espazo á hora de desempeñar o seu labor parlamentario".

A formación liga o cambio político nas vindeiras eleccións galegas a posibilidade de que "as sensibilidades socioliberal, nacionalista e de esquerda transformadora estean representadas no Hórreo nun escenario de alta participación"

Comentarios