O pleno do Concello de Ourense reproba o alcalde, Jesús Vázquez, cos votos de DO e PSOE

A sesión extraordinaria tivo lugar na mañá desta segunda-feira, impulsada por Democracia Ourensana. Vázquez instou as 2 formacións a que presenten unha moción de censura.

Baltar, Vázquez e Feixoo
photo_camera Jesús Vázquez, entre Baltar e Feijóo. Imaxe: PP

Jesús Vázquez non superou a moción de reprobación impulsada por Democracia Ourensana e que saiu adiante cos votos desta formación e do PSOE, partido que até esta segunda feira non quixo desvelar a intención do seu voto. 14 apoios -8 de DO e 6 do PSOE- á reprobación do único alcalde que o PP ten nas grandes cidades galegas e 10 en contra (Partido Popular). Os tres representantes de Ourense en Común optaron por se abaster.

DO forzou este pleno extraordinario co aval de ser a segunda forza e ter 8 edís (supera o requisito de sumar máis de ¼ da Corporación para pedila) e coa intención de reprobar un rexedor que cualificda, entre outras cousas, de “pésimo xestor”. Os socialistas decloinaran entón dar a coñecer o seu posicionamento até a realización do pleno. Neste, votaron a prol da reprobación de Vázquez. Ourense en Común, de por parte, abstívose, e fixo unha “reprobación pública” do alcalde e das forzas que aprobaron a reprobación.

A medida non ten efectos prácticos. Jesús Vázquez instou DO e PSOE a que presenten unha moción de censura.

Comentarios