VISITOU VIGO

Pedro Sánchez: “As Mareas son unha sucursal de Podemos”

Na súa visita a Vigo, e no marco das declaracións de destacados líderes socialdemócratas contra as Mareas, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, cargou contra este conglomerado de forzas e advertiu de que “son unha sucursal de Podemos”.

[Imaxe: @natxo_saenz] Pedro Sánchez, en Vigo
photo_camera [Imaxe: @natxo_saenz] Pedro Sánchez, en Vigo

Após as reiteradas críticas de Abel Caballero, José Luis Méndez Romeu ou Pilar Cancela, entre outros líderes do PSdeG, ás Mareas, Pedro Sánchez tamén se posicionou en Vigo contra estas forzas políticas das que advertiu: “son unha sucursal de Podemos, sen autonomía para contrarrestar Pablo Iglesias, que antepuxo a súa axenda persoa á galega”.

Aliás, Sánchez puxo de manifesto que a postura “dos que se din de esquerdas” –en clara alusión a Podemos- sobre a conformación dun Goberno alternativo ao PP pode pasarlle factura. “Aínda que os candidatos son os mesmos xa non son igual para os cidadáns, porque uns traballamos polo cambio mentres outros o impediron e iso pagarano nas urnas”.

Tamén se pronunciou onte contra as Mareas Pilar Cancela. A responsábel da xestora do PSdeG ofrecía unhas declaracións durante a visita de Sánchez a Vigo nas que emprazaba En Marea a “aplicarse o principio de autodeterminación a respeito de Podemos”. Así, pediulle á coligazón que “se defina” e que aclare “se son unha sucursal de Podemos”.

Comentarios