O Pazo do Hórreo acolleu esta sexta feira unha homenaxe institucional ás vítimas do sinistro ferroviario de Angrois. Cando @s falecid@s suman xa 78, os grupos parlamentares, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo e o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, gardaron cinco minutos de rigoroso silencio en solidariedade coas familias e ferid@s no accidente.
Xunto @s representantes polític@s atopábanse a ministra española de Fomento, Ana Pastor, o valedor do Pobo, Julio Fernández e o delegado do Goberno na Galiza, Samuel Juárez.
Aliás, a deputación permanente da Cámara deu leitura a unha declaración institucional após suspender a súa actividade parlamentar con motivo da traxedia.
O texto aprobado por todas as formacións políticas con representación parlamentar recoñece "de maneira especial" o traballo desenvolvido polos servizos de emerxencia mais tamén, polas veciñas e veciños de Angrois que se botaron ás vías para colaborar no rescate das vítimas. Asemade, salientan a solidariedade amosada polo pobo galego
Asemade, o poder lexislativo amosou a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas e ás persoas feridas ás que dixeron desexan "a súa rápida recuperación".