O PPdeG blinda as decisións do presidente da Xunta

Alfonso Rueda e Pilar Rojo apoian a decisión de Núñez Feijóo con respecto da redución de deputad@s. Botamos unha ollada nunha das provincias e calculamos o beneficio electoral da eliminación de parlamentares.
photo_camera Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galiza

Primeiro foi Rueda quen saiu ao paso das declaracións de Núñez Feijóo e, nunha arroutada de solidariedade, dixo que o diñeiro recadado coa redución d@s deputad@s parlamentares iría parar ás garderías e centros de día –cuxos orzamentos foron reducidos pola Xunta de Galiza desde o comezo da lexislatura--. Agora, Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galiza, amosa o seu apoio incondicional a Núñez Feijóo e di que a supresión de 14 parlametares, “non debe deixarse para máis adiante, porque a situación económica é moi complexa”.

Nunha entrevista concecida á axencia de noticias EuropaPress, Pilar Rojo fixo valer o mantra da austeridade e o aforro para xustificar as propostas do seu partido. Mais a oposición mantén unha postura firme arredor da iniciativa d@s populares e acusa de “pucheirazo” o goberno galego.

Porén, existe beneficio electoral na redución de deputad@s?

Se tomamos como referencia a provincia da Coruña --aquela que máis representación política ten de acordo coa densidade poboacional--, e obviando cuartas e quintas forzas, isto é, tan só cos tres grupos con representación parlamentar, segundo a situación actual (75 deputad@s) esta provincia conta con 24 escanos. A porcentaxe sobre o voto a candidaturas con representación necesario para obter a maioría absoluta, sería do 51% dos votos emitidos válidos (13 de 24). De se producir a modificación proposta polo grupo popular e ficando o Parlamento de Galiza con tan só 61 representantes, á provincia da Coruña corresponderíanlle 19 escanos. Neste sentido, a forza máis votada mantería a maioría absoluta (10 de 19), cunha porcentaxe do 47,6%, isto é, 40.000 votos menos que nas eleccións de 2009, sempre que se manteña a mesma participación electoral.

Rojo bótalle a man a Feijóo e dálle as costas a Gallardón

Con respecto do anuncio de Alberto Ruíz Gallardón, quen a pasada semana informaba no diario ulta conservador La Razón algunhas das liñas que guiarán a reforma da lei do aborto, a presidenta do Parlamento de Galiza, dixo ser partidaria de modificar a lei de 2010 tan só no referido “ao tema das menores”, de acordo co fixado no programa electoral do PP, e asegurou que a proposta do goberno epañol aínda non foi presentada. As declaracións do ministro de xustiza apuntan un retroceso maior ao de 1985 e á fixación dun único suposto de aborto, os danos psicolóxicos para a nai.

 

Comentarios