O Consello da Xunta aproba a Estratexia Galega de Acuicultura

Alberto Núñez Feijóo apura as súas últimas horas como presidente e aproba no último Consello da Xunta, antes do 21-O, a Estratexia Galega de Acuicultura.

En conferencia de prensa após o último Consello da Xunta antes das eleccións do vindeiro domingo, o presidente saínte, anunciou a aprobación da Estratexia Galega de Acuicultura pola que se autoriza a construción de piscifactorías en calquera zona da costa galega. Malia que Núñez Feijóo afirmou que permitiría recuperar 'o liderado' do sector para Galiza, o certo é que este tipo de explotacións acuícolas implican un grande impacto medioambiental ao permitir a súa instalación, mesmo en espazos supostamente protexidos, como a Rede Natura.

A nova sobre a aprobación do plano é recibida con cautela pola Asociación de Escoloxistas de Galiza (Adega) pois aseguran que “hai que agardar a que sexa publicado no DOG, pois pode ser política ficción”, afirman, perante a conduta mantiva polo presidente nestas últimas semanas de campaña nas que, din, non fixo máis que promesas electorais. Porén, lembran que o seu posicionamento foi desfavorábel nas anteriores ocasións en que a Xunta de Galiza defendeu a liberalización da costa galega para a instalación de explotacións acuícolas.

Comentarios