O Bloque non negociará a redución de deputad@s proposta polo PP

@s nacionalistas transmítenlle a Pedro Puy nunha misiva que non participarán nas xuntanzas previas anunciadas pol@s populares e presentan unha outra reforma da lei electoral para confrontar a decisión do PP

 


Con consenso ou sen el. Así de taxativ@s se amosan @s populares a respeito da redución de parlamentares que prevén aprobar esta lexislatura. Amparad@s no seu programa electoral e no aval que para el@s supón a maioría absoluta da Cámara, o voceiro do grupo Pedro Puy anunciou que se "fixará unha data concreta" para unha xuntanza previa "nos vindeiros días" á espera de @s socialistas lle remitan a súa resposta formal e unha proposta de aforro alternativa á diminución do número de deputad@s prevista polo partido maioritario. 

Feijóo e Pedro Puy anunciaron que aprobarán a redución "con consenso ou sen el"

Pedro Puy asegurou esta segunda feira en comparecencia parlamentar que "até o momento" só recibiu resposta do BNG. No entanto, os tres grupos da oposición amosaron publicamente o seu rexeitamento á reforma achegada pol@s populares ao consideraren que a redución de parlamentares constitúe "unha cortina de fume" para desviar a atención dos escándalos que atinxen ao Partido Popular.

O PP chama ao "consenso" e a oposición rexeita negociar
Desde o grupo popular aseguran que a proposta presentada "non se cincunscribirá ao número de deputados senón que estará aberta a outros moitos aspectos" regulados pola lei electoral, salientou hai uns días o vice-voceiro Agustín Hernández. Neste senso propoñen modificar a duración das campañas electorais "e outros aspectos" matizou que "poidan xurdir na negociación". 

Porén, desde o BNG xa transmiriron ao portavoz parlamentar Pedro Puy que non asistirán ás xuntanzas previas e que se limitarán a defender a súa posición no debate parlamentar. @s nacionalistas rexeitaron a proposta coa presentación dunha reforma electoral encamiñada a "gañar máis democracia". Neste senso, o Bloque propón a supresión da barreira electoral fixada en tempos de Fraga no 5% e a distribución de escanos a través dun método de proporcionalidade pura que rache coa "degradación da democracia" que din, supón a reforma prevista pol@s populares. 

Comentarios