23-X

'Nós Diario' entrevista os cabezas de lista ao Senado por Pontevedra

Nesta campaña electoral de cara ás eleccións estatais do 23 de xullo, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado polas catro circunscricións galegas para coñecer os seus programas e propostas. Hoxe é a quenda dos cabezas de lista ao Senado pola circunscrición de Pontevedra, que son Xosé Crespo (PP), Duarte Correa (BNG), Carmela Silva (PSOE) e Roberto Ucha (Sumar).

Xosé Crespo (PP), Duarte Correa (BNG), Carmela Silva (PSOE) e Roberto Ucha (Sumar) (Foto: Nós Diario).
photo_camera Xosé Crespo (PP), Duarte Correa (BNG), Carmela Silva (PSOE) e Roberto Ucha (Sumar) (Foto: Nós Diario).

A cidadanía dos concellos pertencentes á circunscrición de Pontevedra, ao igual que o resto da cidadanía galega, ten unha cita coas urnas o vindeiro 23-X. Nas anteriores eleccións estatais dos catro senadores e senadoras que se reparten neste territorio —igual que no resto, pois os comicios na Cámara alta reparten en todas as provincias do Estado catro actas—, dous foron obtidos polo PSOE e os outros dous, polo PP.

Co obxectivo de coñecer de primeira man os programas e propostas das principais candidaturas, Nós Diario contacta coas persoas que encabezan as candidaturas dos principais partidos de cara ao 23-X.

Xosé Crespo (PP): "Creo que a Galiza pode saír moi beneficiada cun Goberno de Feixoo"

Alcalde de Lalín desde as elección municipais de 2019, Xosé Crespo xa ten experiencia como senador, posto que busca recuperar nas vindeiras eleccións estatais este domingo.

“Concorremos ás eleccións moi ilusionados. Cousas que o PP galego leva reivindicando durante moitos anos agora imos poder levalas a cabo, todo aquilo que anhelabamos agora imos poder facelo. O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, vai ter moita sorte nesta ecuación”, manifesta Crespo.

Duarte Corre (BNG): "Todo avance electoral do BNG daralle máis peso político a Galiza en Madrid"

O profesor e sindicalista Duarte Correa foi encomendado con encabezar a candidatura nacionalista á Cámara Alta nas eleccións do próximo domingo. Na conversa con este xornal, Correa analiza as expectativas do Bloque e as súas preocupacións.

“Hai que incentivar a política de transferencias para ter competencias en cuestións tan importantes como a seguridade viaria ou a seguridade marítima, pero tamén para poder regularizar as condicións de traballo, polo que urxe o traspaso da Inspección de traballo”, indica Correa.

Carmela Silva (PSOE): "Somos a garantía de progreso e ao tempo a garantía de que se pode frear PP e Vox"

Até este ano presidenta da Deputación de Pontevdra, Carmela Silva lidera a lista dos sociaistas ao Senado este 23 de xullo. Na entrevista, Silva explica as propostas do PSOE e o que está en xogo nos comicios.

“Nós somos a garantía dunhas políticas que queren seguir avanzando, seguir construíndo, seguir mellorando. E tamén somos a garantía de que se pode frear esa dereita dereitizada”, salienta Silva.

Roberto Ucha (Sumar): "As políticas que vai impulsar Feixoo se gaña van ser de dereita pura e dura"

Pola súa parte, Sumar presenta como cabeza de lista ao Senado por Pontevedra a Roberto Ucha. Na conversa con este xornal, Ucha indica o que pode achegar a súa formación ao contexto político actual.

“O PP, que sempre reclamou o centro mais nunca foi de centro, non é quen de falar con ninguén que non sexa Vox. Non pode con ninguén máis. Vox é o que lle queda para aliarse e ter o poder”, asevera Ucha.

Comentarios