Xavier Vence: “Os resultados están lonxe do que esperabamos, mais por riba das expectativas”

Os resultados avalan os gobernos municipais nacionalistas mais os datos foron insatisfactorios nas cidades, en especial, en Ourense e Vigo. O voceiro do BNG, Xavier Vence sinalou, diante dos resultados, que a organización “fixo cambios mais foron insuficientes. 
 

Os datos ficaron lonxe do que se agardaba mais por riba das expectativas. O voceiro do BNG, Xavier Vence viu abalado polos resultados o traballo desenvolvido nos gobernos municipais mais considera que os cambios que se experimentaron na organización “foron insuficientes”. 

O BNG continúa a ser “referencia inequívoca do nacionalismo galego”, afirmou o voceiro do BNG, Xavier Vence na súa comparecencia na que destacou o resultado obtido nos concellos nos que a fronte nacionalista gobernaba como Pontevedra ou Carballo mais lamentou que os resultados non fosen satisfactorios en cidades como Vigo ou Ourense nas que quedarán fora da corporación. 

"Cambios insuficientes"

Os resultados fican, segundo Vence, lonxe do que esperaban “mais por riba das expectativas”. Defendeu o BNG como activo fundamental e imprescindíbel na Galiza. Despois de parabenizar as maiorías de Pontevedra e Carballo, que explicou como unha revalidación da acción de goberno nacionalista, destacou as 13 maiorías absolutas acadadas polo BNG. 

“Fixemos cambios nos últimos tempos mais foron insuficientes, temos que sacar consecuencia da mensaxe do electorado, en especial do urbano”, dixo Vence ao tempo que defendeu o BNG como ferramenta útil e forza propia que o país precisa. 

Comentarios