Minuto de silencio e 3 días de loito por Valeriano Martínez

O conselleiro de Facenda, que faleceu esta cuarta feira de maneira repentina, será enterrado esta sexta en Bueu.

arxina minuto silencio valeriano maertínez-min
photo_camera (Foto: Arxina)

O Goberno galego en pleno así como altos cargos e traballadores e traballadoras da Xunta gardaron no mediodía desta quinta feira un emocionado minuto de silencio, que se prolongou durante case cinco minutos, polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que faleceu esta cuarta feira cando estaba traballando no seu despacho.

O Goberno galego reuniuse esta quinta feira, no marco do Consello da Xunta semanal, mais que nesta ocasión foi extraordinario e só para declarar o loito oficial de 3 días polo conselleiro de Facenda.

Tamén o Parlamento galego suspendeu a súa actividade hoxe por mor do falecemento do conselleiro aos 60 anos de idade, unha morte que causou unha grande sorpresa e pesar na política galega.

Tamén o Parlamento galego suspendeu a súa actividade esta quinta feira por mor do falecemento do conselleiro aos 60 anos de idade, unha morte que causou unha grande sorpresa e pesar na política galega

"Un bo rapaz". Así definen os seus colaboradores a Valeriano Martínez García, que desde 1985 traballou para a Administración, sempre a carón do actual presidente da Xunta, quen o elixiu como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015.

Os seus compañeiros destacan a alma de "servidor público" de quen faleceu esta cuarta feira, de feito, en acto de servizo, mentres traballaba no seu despacho da Xunta, no complexo administrativo de San Caetano en Santiago, coa elaboración dos orzamentos galegos para 2022 sobre a mesa.

Martínez nacera en Aldán (Cangas) en 1961, e era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 era funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda

Até o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeneral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galiza.

Comentarios