Milleiros de persoas piden a dimisión de Casado ante a sede do PP

Unhas 3.000 persoas concéntranse desde este mediodía ás portas da sede do PP após o arquivo do expediente aberto á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, polo cruzamento de acusacións de corrupción e espionaxe sobre un contrato público de máscaras sanitarias ao comezo da pandemia.
Protesta ante a sede do PP en Madrid (Foto: Europa Press)
photo_camera Protesta ante a sede do PP en Madrid (Foto: Europa Press)

Máis de 3.000 simpatizantes da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, maniféstanse este domingo fronte á sede do Partido Popular, na rúa Xénova de Madrid, ao berro de ' Ayuso presidenta' e portando carteis nos que piden a dimisión do presidente do partido, Pablo Casado.

A mobilización, á que acudiron entre 3.000 e 3.500 persoas segundo informou a Delegación do Goberno en Madrid, arrincou pouco antes das 12 horas.

As persoas participantes portan bandeiras de España e pancartas nas que se pode ler 'Casado dimisión'. Entre os reclamos, piden tamén a dimisión do secretario xeral do PP, Teodoro García  Egea. As forzas de seguridade protexen a sede dos 'populares'.

A concentración produciuse despois de que este sábado a dirección nacional do PP anunciase que ía fechar o expediente informativo aberto a Isabel Díaz Ayuso, despois de que achegase a información requirida sobre a contratación de emerxencia durante a pandemia, segundo lle trasladou persoalmente Casado na reunión que ambos os dirixentes mantiveron na sede nacional do partido a pasada sexta feira.

O contrato da polémica

A pasada quinta feira, o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, anunciou a apertura dun expediente informativo a Ayuso para "culminar as investigacións que se levaron a cabo" sobre o contrato de máscaras en plena pandemia no que supostamente o seu irmán tería mediado. Ademais, avanzou que o partido estudaba a posibilidade de emprender tamén accións xudiciais tras as "gravísimas acusacións, case delituosas" contra Casado.

Porén, Casado trasladou á propia Ayuso que o comunicado que após achegar "a información requirida sobre a contratación de emerxencia durante a pandemia", sen dar máiis datos ao respecto, esta incorporarase ao expediente informativo que lle abriu o Comité de Dereitos e Garantías do partido "para concluílo satisfactoriamente", segundo informaron desde o PP.

Comentarios