Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Os populares galegos teñen diante súa o mes máis decisivo desde a sucesión de Manuel Fraga en 2006. Mentres Alberto Núñez Feixoo pon rumbo a Madrid en compañía dalgúns dos seu colaboradores máis próximos, como Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios da Xunta, aceléranse os movementos para elixir o próximo presidente do partido na Galiza, a quen segundo os estatutos da organización correspóndelle ser o candidato á Presidencia da Xunta.
Alberto Núñez Feixoo toca coas mans o soño de toda unha vida. O dirixente popular enviado a Galiza por José María Aznar en 2002 para pór a Xunta ao servizo dos intereses de Xénova, ve por fin despexado o seu camiño á presidencia estatal da formación após a defenestración do equipo de Pablo Casado. Impulsado polo poderoso PP madrileño de Díaz Ayuso e apoiado polos baróns territoriais do partido, desenténdese das súas responsabilidades no Goberno galego para xestionar a crise do PP
A situación moveuse a ritmo frenético nas últimas horas no Partido Popular. Mentres Teodoro García Egea formalizaba a súa renuncia á secretaría xeral do partido e Pablo Casado adiantaba a súa decisión de convocar un congreso extraordinario, os dirixentes territoriais desta formación tomaban posicións para unha nova etapa dos conservadores, onde Alberto Núñez Feixoo xogará un papel de relevo.
O presidente de Novas Xeracións (NN.XX.) e diputado, Adrián Pardo, está entre os militantes e cadros ligados á formación popular que están movendo en redes sociales o manifesto.