mércores 19/01/22
Política

Mercedes Queixas, Rosana Pérez, Alexandra Fernández, Iago Tabarés e Daniel Castro súmanse á candidatura do BNG

O Consello Nacional do BNG vén de aprobar o programa electoral e as candidaturas para o 5-A. Rivas, Rodil, Presas, Bará e Prado repiten posto, nunhas listas ao tempo marcadas polas novas incorporacións.

Ana Pontón arroupada polo Consello Nacional do BNG
Ana Pontón arroupada polo Consello Nacional do BNG

O Consello Nacional do BNG deu esta mañá luz verde ás listas e ao programa electoral de cara ás eleccións do 5-A. Co respaldo do que cualifican como un “auténtico programa de goberno”, a candidata á presidencia, Ana Pontón, pediu o apoio desa maioría social que quere un “cambio galego” para que Galiza poida ter, por vez primeira, un goberno “sen submisións”.

Experiencia e renovación nun BNG “á alza”.

As propostas da militancia traducidas nas listas que veñen de aprobarse referendan o traballo do grupo parlamentario, que repite na súa integridade: Olalla Rodil como cabeza de lista por Lugo, Noa Presas por Ourense, Luís Bará por Pontevedra; así como Xosé Luís Rivas e Montse Prado serán números dous pola Coruña e Pontevedra.

Porén, o partido incorpora tamén nomes novos: Mercedes Queixas e Rosana Pérez pola Coruña, Daniel Castro e Carme Aira por Lugo, Iago Tabarés e María González por Ourense ou Alexandra Fernández e Manuel Lourenzo por Pontevedra. A fichaxe da ex deputada de En Marea Alexandra Fernández, feita onte pública, foi así validada polo Consello Nacional.

Nun chío de Twitter, Fernández deu por esgotada a vía de “alianza táctica entre a esquerda soberanista e a esquerda federalista. Así mesmo, manifestou que soberanía e esquerda son dúas caras da mesma moeda, e para respectar isto considera imprescindíbel o principio de autoorganización, incompatíbel co rumbo que tomou a esquerda estatal.

As listas representan, ademais, unha aposta radical na igualdade, destacou Pontón, cunha elevada presenza de mulleres e cun destacado protagonismo de xente nova. Desde diferentes eidos, mais cun denominador común, inclúen persoas “comprometidas coa Galiza e libres para defender este país, que temos como único obxectivo traballar para mellorar a vida dos galegos e das galegas”, explicou.

Unha Galiza gobernada desde a Galiza

“Nin gobernos absolutistas, nin sucursalistas, é o momento de ter na presidencia unha muller nacionalista coas mans libres e as ideas claras para defender, sempre e en todo lugar, os intereses dos galegos e das galegas”, proclamou Pontón, reclamando “algo tan simple e tan revolucionario como que Galiza sexa gobernada desde Galiza”.

“Estamos sentindo que a grande esperanza desta campaña é o BNG”, proclamou Pontón

Así mesmo, explicou que o seu programa “demostra ambición de país” e capacidade para construír unha Galiza “produtiva, innovadora, social, feminista, ecoloxista e empoderada”. A candidata salientou a posibilidade real de cambio sempre e cando exista unha gran mobilización do voto a favor do Bloque o 5-A. “Estamos sentindo que a grande esperanza desta campaña é o BNG”, proclamou arroupada por aplausos.

Candidatura do BNG por Coruña

  1. Ana Pontón Mondelo. Compostela. Portavoz Nacional do BNG, e candidata á Presidencia da Xunta.
  2. Xosé Luís Rivas “Mini”. Boimorto. Deputado no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  3. Mercedes Queixas Zas. A Coruña. Escritora e traballadora do ensino público.
  4. Rosana Pérez Fernández. A Pobra do Caramiñal. Foi deputada no Congreso. Fai parte do Consello Nacional.
  5. Ramón Tomé Fernández Alfonzo “Mon”. Ferrol. Dirixente da CIG-Industria, vinculado ao conflito do sector naval.
  6. Daniel Pérez López. Carballo. Avogado.
  7. Iria Carreira López. Arzúa. Médica residente. Fai parte da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  8. Carlos Babío Urquidi. Sada. Activista da memoria histórica.
  9. Patricia Torrado Queiruga. Porto do Son. Ensaísta sobre a historia das mulleres galegas.
  10. Rafa Vilar González. Compostela. Escritor.
  11. Daniela Ferrández Pérez. Compostela. Historiadora e activista LGBT+.
  12. Serxio Domínguez Louro. Cee. Técnico de depuración de augas. Fai parte do Consello Nacional.
  13. Elvira Branco Pérez. Ribeira. Licenciada en Bioloxía. Fai parte do Consello Nacional.
  14. Anxo Núñez Fernández. Outes. Estudante e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  15. Cristina López Sánchez. Betanzos. Traballadora da Xunta. Fai parte do Consello Nacional.
  16. Xoán Manuel Sande Muñiz. A Laracha. Traballador da sanidade pública.
  17. Escarlata Pampín López. Ames. Xeóloga e adestradora de patinaxe.
  18. Manuel Soto Castiñeiras. Catedrático de Enxeñería Química. Activista ecoloxista e membro de ADEGA.
  19. Xiana González Pico. Narón. Estudante de Administración e Dirección de Empresas. Activista no feminismo e en Avante LGBT+.
  20. Xoán Carlos Sar Oliveira “Kuka”. Fisterra. Tenente de alcalde no concello. Fai parte do Consello Nacional.
  21. Lidia Castro Gabete. Arzúa. Enfermeira. Responsábel de Galiza Nova na comarca da Montaña.
  22. Xosé Deira Triñanes. Boiro. Ex-alcalde, e activista na Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes [email protected]
  23. Rubén Gasalla Gasalla. A Coruña. Sección sindical da CIG en Inditex.
  24. Concha de la Fuente Pérez. Compostela. Traballadora da CRTVG.
  25. Suso Seixo Fernández. Teo. Foi secretario xeral da CIG, e é un dos denunciados dos 19 de Meirás.

SUPLENTES

  1. Cristina Andrade González. A Pobra do Caramiñal. Traballadora do ensino.
  2. Antón Chouciño Garrido. Culleredo. Técnico informático e concelleiro.
  3. Xoán Freire Otero. Compostela. Traballador do SERGAS.
  4. Concha Lopes Outeiro. Teo. Traballadora da Xunta.
  5. Faustino Seco Penedo. Ares. Traballador do ensino público.

Candidatura do BNG por Pontevedra

  1. Luís Bará Torres. Pontevedra. Deputado no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  2. Montserrat Prado Cores. Cambados. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  3. Alexandra Fernández Gómez. Vigo. Estudante de arquitectura. Foi deputada de En Marea no Congreso.
  4. Manuel Lourenzo Sobral. Soutomaior. Traballador do ensino público. Fai parte do Consello Nacional.
  5. Carmela González Igrexas. Vigo. Traballadora da Xunta e activista do movemento veciñal.
  6. Paulo Ríos Santomé “Kai”. Moaña. Secretario Xeral de Galiza Nova. Fai parte do Consello Nacional.
  7. Cristina Fernández Davila. Ponteareas. Traballadora do ensino público.
  8. Xosé Manuel Méndez Díaz. A Guarda. Traballador do ensino público.
  9. Ariadna Fernández González. Lalín. Veterinaria e activista cultural.
  10. Xosé Lois Leirós Gude. Vilagarcía de Arousa. Voceiro da Coordinadora Nacional de Emigrantes [email protected]
  11. Iria Villar Rodal. Cangas. Enxeñeira Técnica Agrícola.
  12. Adrián Rodríguez Bravo. Vigo. Técnico socio-cultural especializado en diversidade funcional.
  13. Sandra Fernández Agraso. Sanxenxo. Traballadora do comercio.
  14. Pablo Carracedo Goldar “Jásper”. A Estrada. Músico (pertenceu a “Nao”) e traballador do ensino público.
  15. Jéssica García Cruz. Redondela. Estudante de mestrado de profesorado. Militante de Galiza Nova. Fai parte do Consello Nacional.
  16. Francisco Chivite Mosquera. Mondariz-Balneario. Veterinario. Foi Subdirector Xeral de Gandaría.
  17. Raquel Pérez Fernández. Vigo. Sindicalista da CIG. Activista na Marcha Mundial das Mulleres.
  18. David Marcos Ramos. Mozo emigrante en Praga (Chequia). Natural de Vilagarcía de Arousa. Técnico de operacións en plataformas de xestión de dispositivos móbiles.
  19. María Dolores Dopico Aneiros. Pontevedra. Directora de ESDEMGA (Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda da Galiza).
  20. André Abal Mauricio. Moaña. Responsábel da Emigración do BNG.
  21. Míriam Ferradáns Ferradás. Bueu. Poeta.
  22. Lois Pérez Castrillo. Vigo. Técnico de proxectos europeos. Foi alcalde da cidade.

SUPLENTES:

  1. Ana Belén Martínez Piñeiro. Vigo. Bibliotecaria.
  2. Daniel Rodas Chapela. Vigo. Traballador da inspección pesqueira.
  3. Olaia Chaves Fariña. Vigo. Activista de Mar de Lumes.
  4. Xosé Manuel Atanes Limia. Vigo. Traballador do ensino. CIG-Ensino.
  5. Pedro Cortegoso Gago. Marín. Traballador da sanidade.

Candidatura do BNG por Lugo

  1. Olalla Rodil Fernández. Ribeira de Piquín. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  2. Daniel Castro García. Ribadeo. Estudante de filoloxía. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  3. Carme Aira Díaz. Lugo. Secretaria Comarcal da CIG-Saúde.
  4. Mario Outeiro Igrexas. O Corgo. Traballador do ensino público. Fai parte do Consello Nacional.
  5. Iago Suárez Fernández. Chantada. Estudante de tradución e interpretación. Militante de Galiza Nova.
  6. Rosana Prieto Florines. Pantón. Técnica de turismo.
  7. Míriam Bermúdez. Viveiro. Licenciada en ciencias da educación.
  8. Xosé Ferreiro Fernández. Outeiro de Rei. Traballador do ensino.
  9. Mónica Rodríguez. A Pobra do Brollón. Artesá.
  10. Emilio Sánchez Igrexas. Monforte de Lemos. Marmorista.
  11. Iria Castro Fernández. Castroverde. Autónoma no sector da tradución.
  12. Diego Fernández Martínez. Cervo. Estibador portuario.
  13. Ma Asunción Gómez Neira. Carballedo. Traballadora do ensino.
  14. Rubén Arroxo Fernández. Lugo. Arquitecto técnico e adestrador deportivo. Tenente de alcalde na cidade de Lugo.

SUPLENTES:

  1. Andrea Martíns Fernández. Ribadeo. Traballadora do ensino.
  2. Mónica Roca Ares. Guitiriz. Enfermeira e delegada CIG-Saúde.
  3. Marco López López. Xove. Traballador da administración de xustiza.
  4. Beatriz Cedrón Vilar. Lugo. Traballadora social.
  5. Bernardo Valdês Paços. Lugo. Economista e profesor da USC.

Candidatura do BNG por Ourense

  1. Noa Presas Bergantiños. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
  2. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro. Ourense. Avogado.
  3. María González Albert. A Rúa. Licenciada en xornalismo. Empregada na respostaría creativa. Foi alcaldesa desta vila.
  4. Diego Lourenzo Moura. Verín. Graduado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de alcalde. Fai parte do Consello Nacional.
  5. Ernesta Seoane Álvarez. Celanova. Delegada da CIG nun centro especial de emprego.
  6. Xosé Manuel Puga González. Barbadás. Traballador do GDR O Vieiro-Leboreiro.
  7. Mariana Rivera Civeira. San Amaro. Estudante e militante de Galiza Nova.
  8. Eugenio Quintas Alborés. Verín. Médico.
  9. Rebeca Paz Vázquez. Leiro. Traballadora de Correos.
  10. Francisco García Suárez. Allariz. Foi alcalde desta vila. Fai parte do Consello Nacional.
  11. Sonia Álvarez Feixóo. Ourense. Presidenta da Asociación “Arrolos de teta” e activista da CIG-Ensino.
  12. Xosé Carballido Presas. Ourense. Traballador da Xunta. Foi Director Xeral na Consellaría do Medio Rural.
  13. Raquel Fernández Fernández. A Gudiña. Educadora social.
  14. Alfredo Suárez Canal. Ourense. Foi Conselleiro do Medio Rural.

SUPLENTES:

  1. Xosé Diego Pérez Fontes. Ourense. Traballador de cociña no CHOU.
  2. Noa Fernández Gómez. Rubiá. Avogada.
  3. Xosé Manuel Fírvida Plaza. Barbadás. Traballador público.
  4. Tamara Álvarez Vázquez. A Teixeira. Autónoma no comercio.
  5. Santi Rodríguez Cid. Cartelle. Labrego e youtuber.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Mercedes Queixas, Rosana Pérez, Alexandra Fernández, Iago Tabarés e Daniel Castro...
comentarios