José Luís Méndez Romeu anunciou esta terza feira (31 de maio) en comparecencia de imprensa que deixará de ser portavoz parlamentar do PSdeG no Pazo do Hórreo. Así as cousas, manterá o seu escano.
Fíxoo após os resultados das eleccións primarias desenvolvidas pola formación esta fin de semana para elixir a persoa que será candidata á presidencia da Xunta nos comicios deste outono e nas que foi elixido Xaquín Fernández Leiceaga.
Méndez Romeu convertérase en voceiro do grupo parlamentar socialista após a renuncia de Abel Losada que puxera o seu cargo a disposición de José Ramón Gómez Besteiro cando este chegou, tamén en primarias, á secretaría xeral do PSdeG-PSOE.
((Haberá ampliación))