Máis un paquete de recortes que superarán os 100.000 millóns

A deputada no Congreso, Olaia Fernándes Davila, asegurou que o presidente do goberno español ocultou á cidadanía os recortes contemplados no Plan Orzamentario 2012-2013 remitido á UE.
photo_camera Olaia Fernández Davila

A deputada nacionalista nas Cortes españolas aseverou esta segunda que o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, lidera un goberno "covarde e mentirán" ao ocultar á cidadanía o acordado no Plan Orzamentario 2012-2013. O plan prevé máis unha vaga de recortes nos servizos públicos que suporán un valor superior aos 100.000 millóns de euros. Para Fernández Davila, "é unha covardía política" non ter explicado as medidas que desenvolverá o goberno para perpetrar esta redución do investimento público e que segundo a nacionalista, traerá máis recortes en sanidade, educación, incremento dos impostos e redución das pensións.

Malia que o presidente, Mariano Rajoy, asegurou a pasada sexta en conferencia de prensa que o seu goberno non tocaría as pensións, a deputada nacionalista asegura que "o plan orzamentario aprobado polo Consello de Ministr@s si significa reducir as contías das pensións para o futuro". Un recorte que suporía "máis recesión e máis paro", explicou Fernández Davila.

Unha reforma fiscal como alternativa aos recortes
A deputada nacionalista debullou as propostas do BNG como alternativa á política de recortes promovida polo PP no estado e na Galiza. Así pois, defendeu a loita contra a fraude fiscal --que Facenda cifra en 70.000 millóns de euros, a través dunha reforma "máis progresista e equitativa" para que "pague máis o que máis ten", sinalou Davila. Neste senso, o goberno aumentaría os seus ingresos sen prexudicar clases populares.

Asemade, a deputada no Congreso, propuxo máis unha vez a eliminación das Deputacións como medida de aforro, uns organismos, dixo, "obsoletos" que o goberno de Mariano Rajoy teima en reforzar.

Comentarios