Luena ve Sánchez en plenitude de funcións e chama a convocar un congreso

A crise política no seo do PSOE abre unha nova fronte, o conflito xurídico. O secretario de Organización, César Luena, interpreta que a demisión en bloco dos críticos non leva aparellada a renuncia de Sánchez, senón que abre a billa á convocatoria dun congreso.

Screen Shot 2016-09-28 at 19.56.37

Sexa como for, a saída ao labirinto do PSOE é a convocatoria dun congreso para que a militancia ratifique ou non a aposta de Sánchez por procurar un goberno alternativo a Rajoy.

Isto é o que veu defender o secretario de Organización, César Luena, nunha tensa conferencia de imprensa en Ferraz.

Non entrou a discutir se demitiron ou non a metade máis un da Executiva, e máis ben douno por feito. O que si fixo foi unha interpretación distinta á dos críticos a respeito das secuelas que a renuncia en masa produce na marcha do partido. Para o secretario de Organización, a única consecuencia das demisións é que, segundo o artigo 36 dos estatutos, o Comité Federal debe convocar un Congreso para elexer unha nova Executiva. Aí acabaría todo. Para os críticos, en troca, a súa demisión debería causar a imediata disolución do órgao de dirección e a formación dunha xestora.

Luena considera que o secretario xeral e a propia Executiva están en plenitude de funcións. De facto, anunciou que se reuniría esta quinta feira cun unico ponto na orde do día, a convocatoria dun Comité Federal con vistas a chamar á realización dun congreso extraordinario.

Non precisou se esa reunión se iría realizar este vindeiro sábado tal e como inicialmente estaba previsto.

Comentarios