As inscritas de Podemos Galiza avalan con 83,8% ir en coalición

podemos

As persoas inscritas de Podemos Galiza apoiaron, con 83,8 % dos votos, unha coalición con outras forzas progresistas nas eleccións do próximo 5 de abril. Participaron 3.728 persoas, das cales 3.123 dixeron si. Pola súa banda, 467 persoas votaron en contra e 137 pronunciáronse na votación para poder absterse, segundo os datos difundidos por Podemos Galicia esta sexta feira.

"Cres que Podemos Galiza debemos concorrer ás eleccións galegas coa fórmula dunha coalición baixo a forma de Galicia en Común e a referencia estatal de Unidas Podemos asumindo a iniciativa e sumando a outras forzas progresistas?".

As asembleas de Compostela Aberta e Marea Atlántica aprobaron esta quinta feira senllos textos nos que se avalan impulsar unha candidatura de "unidade popular", e aínda que pon matices á participación e configuración dunha coalición, dan un pulo ás negociacións que nos últimos días se deron no espazo da confluencia galega, singularmente os mantidos entre Podemos e Anova.

Comentarios