CONTéSTALLE A OTEGI

Iglesias: "Estou moi orgulloso de ser español e claro que a miña patria se pode democratizar".

En resposta ao convite de Otegi á “nova esquerda española” a “ser honesta” e a se sumar aos independentistas cando se comprobe que é imposíbel democratizar o Estado, Pablo Iglesias admitiu estar “moi orgulloso de ser española” e aseverou que “a miña patria pode democratizarse”.

Pablo Iglesias, municipais 2015

En relación á intervención de Arnaldo Otegi no acto do velódromo de Anoeta na que emprazou a “nova esquerda española” a se sumar para pór en marcha “procesos constituíntes nas nación do Estado” cando comproben que no Estado “é imposíbel a democratización”, o líder de Podemos respondeu que “vai ser que non”.

Nun programa de La Sexta, Pablo Iglesias dixo estar “orgulloso de ser español” e aseverou: “claro que a miña patria se pode democratizar”. “Podemos é unha forza política española e vasca tamén”, engadiu, para concluír que “nós non nos imos facer independentistas, pero non me parece mal que os haxa e que poidamos debater”.

Comentarios