luns 20.01.2020

Guillerme mostra orgullo por o BNG ter resistido a embestida que "desde dentro e fóra quería facernos saltar polos aires"

Guillerme Vázquez elevou a temperatura  dun ateigado palacio de congresos onde se celebra a Asemblea Nacional do BNG co seu último discurso como portavoz nacional. Guillerme mostrou ante máis de 2.000 militantes o seu orgullo de facer parte dunha organización que en momentos "máis que difíciles" segue a manter o apoio de 150.000 [email protected]
asemblea bng
asemblea bng

Guillerme deu o seu derradeiro discurso como portavoz nacional do BNG , ante máis de 2.000 militantes, un cargo que, dixo, "foi un orgullo" deter. Guillerme Vazquez, que arrancou aplausos dos asistentes en máis dunha ocasión co seu discurso, mostrou o seu "orgullo" por como o BNG resistiu unha embestida que "desde dentro e desde fóra" tentou "facer saltar polos aires esta organización". E fracasaron, sentenciou o aínda portavoz nacional. 

"Mil veces caeremos e mil veces nos ergueremos. Non conseguirán derrotar ao BNG"

Guillerme volveu empregar a palabra "orgullo" para referirse ao que sente por "compartir militancia con vós, que vos partides a cara por este pobo sen pedir nada a cambio" e enfatizou que "non hai ningunha razón para nos sentirmos vencidos" e afirmou: "Mil veces caeremos e mil veces nos ergueremos. Non conseguirán derrotar ao BNG".

 Os abandonos "non foron un proceso honesto"

Tamén se refireu aos acontecementos destes últimos meses co abandono do BNG de sectores organizados. Guillerme afirmou que "creo que é lexítimo abandonar o BNG, pero non foi un proceso honesto". Aliás, remarcou que as escisións foron consecuencia de "diferenzas ideolóxicas que agora son ben visíbeis".

Neste sentido, destacou a importancia da militancia do BNG como un ha base nacionalista que ten clara que Galiza tend ereitos nacionais, aliás da defensa de liberdades ne da xustiza social.

 Castelao e Bóvoda

Nun discurso no que non faltaron senllos alegatos a Castelao e Bóveda, Guillerme defendeu a soberanía e capacidade de decidir do pobo galego. Insistíu na necesidade dunha ferramenta como o BNG para "denunciar e comabtir as nefastas consecuencias que para Galiza ten a dependencia" e crticou "este goberno de ladróns, corruptos, e por riba, españolistas".

Guillerme mostra orgullo por o BNG ter resistido a embestida que "desde dentro e fóra...
comentarios