BNG e as 16 delegacións convidadas á XIV Asemblea Nacional debaten sobre soberanía e crise

A xornada, organizada pola fronte nacionalista, realizouse nas vésperas da súa Asemblea Nacional coa finalidade, sinalou Guillerme Vázquez, "de debater por onde hai que camiñar para lle dar saída a esta situación de crise económica, social e política"
xornadas sobernia bng

Compostela acolleu este sábado unha xornada de traballo sobre soberanía e saídas á crise económica, organizada polo BNG, en que tomaron parte as 16 delegacións convidadas á XIV Asamblea Nacional da fronte nacionalista, alén de representantes de organizacións galegas, sindicatos, asociacións culturais, ecoloxistas e do ámbito agrario e forestal.

"Coa presenza das delegacións políticas que nos van acompañar na Asemblea Nacional", afirmou Guillerme Vázquez, "aproveitamos para organizar esta xornada de traballo para debater por onde hai que camiñar para lle dar saída a esta situación de crise económica, social e política onde nos meteu, dende a Unión Europea, o Estado español".

Unha política diferente

Guillerme lembrou que para o BNG, "que partilla opinión con outras organizacións", unha das cuestións fulcrais para poder avanzar na solución da crise é "a soberanía", concebida como "o autogoberno e a capacidade de decisión para poder rachar coas políticas neoliberais". Nesta liña, o nacionaista defendeu "poder facer unha política diferente atuotcentrada, no caso galego, a prol do noso país e das clases populares".

Entre as delegacións convidadas, figuran a Federación PSM-Entesa, Aralar, Sortu, Amaiur, EAJ-PNV, PCP, Bloco da Esquerda, Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común, Adega, AGAL, CIG, Comités, FRUGA, Liga Estudantil Galega e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Comentarios